Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación subvenciona con 22.500 euros as actividades da asociación “Hogar Español” de Montevideo

LUGO .- O organismo provincial acordou conceder unha axuda de 22.416 euros á Asociación Civil de Beneficiencia Hogar Español de Montevideo (Uruguai) para prestar apoio ás actividades desta entidade e a favor de emigrantes de orixe galega, lucenses e anciáns maiores de 65 anos afincados neste país. A Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace a 17 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais, das que unha pertence ó ano 2006, dúas a 2007 e o resto a 2008. Suman un total de 167.270 euros, dos que a Deputación aporta 101.902. Pertencen ós Concellos de Foz (2), O Saviñao (5), Antas de Ulla, Cervo, A Fonsagrada (2), Meira, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Sarria e ó Valadouro.

NOTA DE PRENSA

A Deputación investirá 1,5 millóns de euros na mellora

de estradas provinciais de Monforte, Becerreá e Baralla

– O organismo provincial executará con fondos propios o acondicionamento de 13,8 quilómetros, “o que representa un claro exemplo do esforzo que realizamos por mellorar a rede viaria, a diferenza do que se facía anteriormente”

– A Xunta de Goberno aproba o sistema de mellora da comercialización e calidade dos produtos autóctonos das Reservas e do Courel por valor de 120.300 euros

– A Deputación subvenciona con 22.500 euros as actividades da Asociación “Hogar Español” de Montevideo formada por emigrantes lucenses maiores de 65 anos e con dificultades económicas

A Deputación realizará obras de mellora en estradas provinciais de Monforte de Lemos, Becerreá e Baralla por valor de 1,5 millóns de euros. A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación provisional do acondicionamento da CP 3208 de Seoane por Cinsa a Pol, dende o punto quilométrico 0,000 ó 4,320, no Concello de Monforte; da CP 0701 de Cereixal ó Cádavo, dende o punto quilométrico 0,000 ó 8,470, en Becerreá; e da CP 0501 da LU 710 polo Casino á de Cereixal ó Cádavo, entre o punto quilométrico 0,000 ó 1,010, no termo municipal de Baralla.

O Deputado provincial socialista, Antonio Gato Soengas, explicou que en total acondicionaranse 13,8 quilómetros. “Os traballos inclúen afirmado, drenaxe da plataforma e aplicación de aglomerado en quente, co que estamos garantindo a durabilidade da obra, de tal xeito que nos vamos a ter que realizar melloras nestes viais en moitos anos”.

Asimesmo, subliñou que o organismo provincial execturá as obras con fondos propios. “A Deputación paga o 100% das obras, o que representa un claro exemplo do grande esforzo inversor que estamos a facer para mellorar a rede viaria provincial. Son tramos amplios, algún de máis de 8 quilómetros, a diferenza do que facía anteriormente. Coa anterior equipo de goberno mellorábanse treitos de 300 ou 500 metros, pero non eran actuacións integrais como o que se pretende agora”.

Comercialización produtos autóctonos

A Xunta de Goberno tamén aprobou os pregos de dúas novas liñas de actuación incluídas no programa europeo Lug02 e destinadas a mellorar a comercialización e calidade dos produtos autóctonos das Reservas da Biosfera e da comarca do Courel, a través da I+D+I. Estas iniciativas contan cun investimento de 120.320 euros.

Gato Soengas lembrou que se creará unha canle de comercialización a través dun portal web no que se poderán mercar produtos das Reservas e do Courel a través da páxina web Lug02. Asimesmo, mellorararase a calidade dalgún produto alimentario. Esta mellora vai dende a hixiene, o empaquetamento, sistema de envasado, conservación, elaboración e propiedades na cadea de produción.

Convenio con emigrantes lucenses

O organismo provincial acordou conceder unha axuda de 22.416 euros á Asociación Civil de Beneficiencia Hogar Español de Montevideo (Uruguai) para prestar apoio ás actividades desta entidade e a favor de emigrantes de orixe galega, lucenses e anciáns maiores de 65 anos afincados neste país. Antonio Gato destacou que “se trata dun colectivo con carencias económicas. Esta colaboración foi un dos compromisos do Presidente, que xurde da viaxe que realizou o ano pasado a Sudamérica”.

Dos 200 usuarios, o 70% son galegos e a maioría supera os 80 anos. O Hogar Español é a única posibilidade que teñen os españois con poucos recursos económicos en Uruguai. Por este motivo, naquela viaxe Gómez Besteiro comprometérase a cofinanciar os gastos vinculados ós usuarios lucenses.

A Xunta de Goberno tamén deu o visto e prace a 17 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais, das que unha pertence ó ano 2006, dúas a 2007 e o resto a 2008. Suman un total de 167.270 euros, dos que a Deputación aporta 101.902. Pertencen ós Concellos de Foz (2), O Saviñao (5), Antas de Ulla, Cervo, A Fonsagrada (2), Meira, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Sarria e ó Valadouro.

Exit mobile version