Site icon Crónica3.com A Mariña

A “Peña Barcelonista” de San Miguel de Reinante presenta as actividades ate fin de ano

BARREIROS .- A “Peña Barcelonista” de San Miguel de Reinante ten feito unha programación de actos ate fin de ano co fin de que os socios poidan gozar plenamente do xogo do seu equipo. Empezando por orden de datas, reseñar que para este domingo día 29 de novembro, teñen pensado reunirse no Bar Oliñas do Mar, sito na praia de Benquerencia, para presenciar por tv o partido da máxima rivalidade, Barça – R. Madrid. O evento será a partir das 19 h. pero os peñistas e simpacitantes están citados a partir das 18.30 h.
Xa para o día 5 de decembro hai un dobre acto programado.
A peña terá o pracer de contar coa presenza do locutor de radio Alfredo Martinez, pertencente a Onda Cero Radio, encargado de radiar dende o estadio e facer o seguimento para esta cadena do F.C. Barcelona. Ademáis, Alfredo Martínez é o xefe de deporte de Onda Cero Barcelona. Aproveitando a sua presenza, organizarase unha charla coloquio, na que nos comentará a relación do Barça coa prensa e a sua experiencia seguindo ó Barça por todo o mundo nos últimos anos. Esta charla terá lugar, en Barreiros, na casa da cultura D. Manuel Díaz Sampedro, e será a partir das 13.00 h. A entrada será totalmente gratuita e a apertura de portas será ás 12.30 h.
Acto seguido, sobre as 14.30 h. celebrarase unha comida en honra ó invitado. Terá lugar no restaurante Oliñas do Mar e o menú consistirá en entrantes (polbo, empanada, gambas gabardina), entrecot ou rodaballo á plancha, tinto Mencía, blanco Godello, postre, café e chupito. O prezo do menú é de 30,00 € por persona, sendo neste caso imprescindible apuntarse antes do día 2 de decembro.
O tfno. de contacto, Jose 649 57 13 60.
Ó remate da comida, e tendo en conta que a Barça xoga ese mesmo día en A Coruña, organízase un desprazamento á cidade herculina para presencia-lo partido de liga Depor – Barça. A hora de saida será ás 17.00 h. e a volta ó remate do partido. O custo da viaxe será, o prezo da entrada para socios e acompañantes directos, e 15,00 € máis en concepto de transporte para non socios. As persoas interesadas deberán apuntarse antes do día 29 de novembro no tfno. 649 57 13 60.
Dende a peña barcelonista San Miguel, animan a todo-los afeccionados a participar nestas actividades de gran interés barcelonista.

Exit mobile version