Site icon Crónica3.com A Mariña

A vicepresidenta segunda da Deputación amosou en Celeiro apoio ao sector pesqueiro

CELEIRO .- A vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na inauguración da décimo cuarta edición das “Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro” que organiza a Confraría de Pescadores Santiago Apostol de Celeiro, e na que colabora o organismo provincial. Lara Méndez aproveitou o encontro para amosar o apoio do organismo provincial a un sector no que a Deputación non ten competencias.

Nota de Prensa

Lara Méndez amosa o apoio da Deputación aos pescadores da Mariña

A Vicepresidenta Segunda participa na inauguración da décimo cuarta edición das “Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro”

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este venres na inauguración da décimo cuarta edición das “Xornadas Técnicas de Difusión da Mariña” que organiza a Cofraría de Pescadores Santiago Apostol, e na que colabora o organismo provincial. Lara Méndez aproveitou o encontro cos pescadores para amosar o apoio do organismo provincial a un sector no que a Deputación non ten competencias.

A responsable provincial subliñou que, debido a crise que estamos atravesar, “estas xornadas son máis necesarias ca nunca. Por iso a Deputación non podía fallar, tiña que colaborar e estar en Celeiro para abordar medidas rendibles e sostibles”. Neste senso, Méndez destacou a aposta da institución luguesa polo “ECOTURISMO”, é dicir, pola ecoloxía, polo turismo, e pola economía.

O organismo provincial, malia non ter potestad neste sector, levou ao Pleno unha moción para impulsar e apoiar a creación duha Reserva Mariña de Interés Pesqueiro. “É unha iniciativa desta cofraría, que debemos entender como unha oportunidade económica”, incidíu.

Neste senso, Méndez lembrou que unha das liñas de actuación da Deputación é o medio ambiente, e puxo como exemplo, o proxecto da certificación das praias no que traballa o organismo provincial en colaboración cos Concellos, “unha ambiciosa iniciativa que fará que os nosos areais sexan un referente no país”.

Dúcias de pesacadores participaron nas “Xornadas Técnicas de Difusión da Mariña” que tivo lugar na sede da Cofraría de Pescadores de Celeiro, e onde se trataron temas determinantes para a pesca como a seguridade, os mercados ou a xestión de recursos, entre outros.

Exit mobile version