Site icon Crónica3.com A Mariña

Altamente probable que a Xunta deixe sen psicólogo clínico a Unidade de Saúde Mental de Burela, asegura o PSOE

Nota de Prensa

BURELA

RISCO PARA A ATENCIÓN Á SAÚDE MENTAL INFANTO-XUVENIL NA MARIÑA

Dende hai máis dun ano, e como resultado dun grande esforzo, a Unidade de Saúde Mental de Burela conta na súa plantilla cun psicólogo clínico que desempeña a función de prevención, tratamento e rehabilitación das enfermedades mentais dos nenos e das nenas e tamén da mocidade da Mariña até os 18 anos. Este especialista ten ademáis ao seu cargo a atención aos problemas sexuais e de parella, a intervención psicolóxica nos doentes da Unidade de Cuidados Paliativos, así como o asesoramento aos profesionais do mencionado equipo. A pesar da acumulación de funcións, a presencia deste novo profesional supuxo un aumento na capacidade de atención da Unidade de Saúde Mental e, sobre todo, na calidade da mesma.

Porén, esta mellora corre o risco de desaparecer no caso de confirmarse a ameaza que pende sobre esta praza, xa que, segundo fontes ben informadas, considérase altamente probable que o Goberno da Xunta do PP proceda a extinción da mesma a partires do próximo mes de xaneiro de 2010.

De confirmarse tal extremo, atopariamonos coa desaparición da atención á Saúde Mental Infanto-Xuvenil na área, así coma do resto das funcións que este especialista ven desenvolvendo, pasando a ser Lugo o referente asistencial a partires dese momento.

Pensar que unha poboación duns 75.000 habitantes acreditados, e cunha distancia aos dispositivos de referencia duns 100 km nalgúns casos, poida recibir unha atención psicolóxica minimamente digna cun só profesional para todas as idades e todas as patoloxías non resulta propio dun sistema sanitario que garanta a equidade e a accesibilidade aos cidadáns por igual. Neste senso, cabe recordar que A Mariña é a única área de Galicia na que o Centro de Orientación Familiar (COF), carece de psicólogo, polo que a atención a parellas e problemas sexuais debe ser acumulada á da Unidade de Saúde Mental ou derivados a Lugo.

Non hai razón algunha que sustente unha posible suspensión destas prestacións a unha poboación longamente maltratada mediante o esquecemento, e se as hai, non poden ser económicas, pois unha praza de psicólogo clínico en Burela supón exclusivamente o salario dunha persoa e conleva un importante aforro en tratamento farmacolóxicos, desprazamentos e complicacións de saúde por falla de asistencia. Semella que novamente estamos ante o risco de que a nosa comarca sexa ignorada para voltar a ser completamente invisibles.
Por todo isto , a Agrupación local do PSdeG-PSOE de Burela quere denunciar o maltrato que o PP lle dá a xente da Mariña Luguesa en temas tan importantes como son a saúde e pedir que recapacite e non elimine este servizo.

Exit mobile version