Site icon Crónica3.com A Mariña

Antonio Gato replica ao “reaparecido” Barreiro que a Deputación é transparente e actúa baixo a legalidade

Antonio Gato replica ao “reaparecido” Barreiro que a Deputación é transparente e actúa baixo a legalidade
LUGO .- O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato, respostou este mércores as últimas delcaracións realizadas polo voceiro provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro. Gato Soengas reiterou que “a Deputación é totalmente transparente porque está gobernada con rigor”, e salientou a tranquilidade dos responsables políticos da Deputación ante a investigación aberta xuiza do Xuzgado nº3. Neste senso, incidiu en que “poden vir a facer os rexistros que queiran porque nós sempre imos a ofrecer a máxima colaboración”.

Nota de Prensa

Antonio Gato replica ao “reaparecido” Barreiro que a Deputación é transparente e actúa baixo a legalidade

– O Deputado de Cooperación cos Concellos subliñou a tranquilidade do organismo provincial diante a investigación aberta no Xuzgado nº3, e salientou que “poden rexistrar o que queiran”

– Gato compara a actitude do PP cando, no 2003, 3 dos seus membros foran imputados polo suposto pago irregular de dietas, e salienta que “nós non nos queixamos de persecución política senón que ofrecemos a máxima colaboración coa xustiza”

– Subliña a “ansiedade de poder” de José Manuel Barreiro e incide en que “non lle importa o que queren os veciños, nin fai propostas, xa que o seu único obxectivo é recuperar o Goberno da Deputación a toda costa”

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato, respostou este mércores as últimas delcaracións realizadas polo voceiro provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro. Gato Soengas reiterou que “a Deputación é totalmente transparente porque está gobernada con rigor”, e salientou a tranquilidade dos responsables políticos da Deputación ante a investigación aberta xuiza do Xuzgado nº3. Neste senso, incidiu en que “poden vir a facer os rexistros que queiran porque nós sempre imos a ofrecer a máxima colaboración”.

Antonio Gato comparou a actitude mantida polo Goberno da Deputación no 2003, cando tres Vicepresidentes do organismo provincial, un ex Vicepresidente, e unha Deputada, “todos do Partido Popular”, foran imputados por un presunto delito de malversación de caudais públicos, e falsidade documental polo suposto abono ilegal de dietas. “O señor Barreiro dixo que este caso fora malintencionado para comprometer ao Partido Popular, e que o fiscal estaba a actuar de forma política. Nós non nos queixamos de persecución política, aquí respectamos ao poder judicial e non imos en contra dos xuíces, fiscais ou policías”, incidíu o Deputado provincial.

“O reaparecido Barreiro”

Gato Soengas salientou que lle “chama a atención que o reaparecido Barreiro pida máis explicacións cando estamos diante un procedemento que está baixo o secreto de sumario”. Deste xeito, lembrou que a Deputación informou do que acontecía en todo o momento: primeiro coas declaracións do máximo mandatario provincial, José Ramón Gómez Besteiro, logo coas da Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez e, finalmente, a través dun comunicado oficial.

Antonio Gato incidiu en que as manifestacións de José Manuel Barreiro sobre a investigación de dúas dilixencias abertas polo Xulgado nº3,  “faltan ao respecto ás persoas afectadas, aos órganos xudiciais, á propia xuíza que instrúe o caso, e á Deputación”.

“Ansiedade de poder”

Durante o encontro cos medios de comunicación, logo da presentación do ciclo de conferencias “Impactos ambientais: Os bosques galegos”, Antonio Gato subliñou “a ansiedade de poder” de José Manuel Barreiro. “Non lle importa o que queren os veciños, nin fai propostas, xa que o seu único obxectivo, tal e como sinalou no congreso do seu partido esta fin de semana, é recuperar o Goberno da Deputación a toda costa”.

O responsable da área de Cooperación cos Concellos subliñou “o feito de que o voceiro do PP estivese desaparecido mentres prosperaban as mocións de censura en O Courel e Láncara. Agora aparece para tapar o problema que o PP está a sufrir en Chantada ou en Foz coas dimisións dentro do seu partido”.

Exit mobile version