Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP de Burela que o pleno tratará un convenio coa Comunidade de Montes e o “marrón” da produtividade

NOTA DE PRENSA

O GMPP: “unha sesión plenaria máis perdida, unha sesión plenaria máis que demostra a vagancia e incompetencia do alcalde e do bigoberno”.

Afirman que só hai dous asuntos de xestión propia do bigoberno.

Os populares consideran que o alcalde debe resolver “el soliño” o asunto da productividade.

O GMPP burelés vén de reitera unha vez mais que a sesión plenaria que se vai celebrar este xoves ratifica a ausencia de proxecto do bigoberno e o fracaso absoluto do alcalde e do bipartito municipal. Para os populares, que afirman que só hai dous asuntos na orde do día de xestión propia do bigoberno, unha revisión dun convenio coa Comunidade de Montes e o “marrón” da productividade, esta sesión plenaria é “unha sesión plenaria máis perdida, unha sesión plenaria máis que demostra a vagancia e a incompetencia do alcalde e do bipartito municipal”, que non son capaces de levar a pleno nada que nos poida provocar un mínimo de ilusión. O PP presentou tres mocións previamente á celebración da comisión informativa, que tivo lugar onte.

Os populares consideran que no asunto da productividade dos traballadores municipais, o alcalde debe resolvelo “el soliño”, porque foi el quen comenzou este lío e polo tanto el debe solucionalo, xunto coa que foi delegada de Persoal, Remedios López, que no seu día tanto se chufou de poñelo en marcha. Os populares, que no seu día se abstiveron por non ver mui clara a legalidade da tramitación do que se levaba a pleno, tampouco agora apoiarán ó alcalde, polo mesmo motivo. Ademais, entenden que o alcalde debe dar explicacións de porqué renuncia a aplicar un dos aspectos da súa política de persoal do que máis presumeu, xa que hasta chegou a decir que era unha medida progresista.

Segundo os populars, o que sí quedou demostrado con este ir e vir do alcalde é que é un home que non ten palabra, que non é de fiar, e que se está convetindo cada vez mais nun home-anuncio: moito anunciar e pouco facer.

Exit mobile version