Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela estuda sinalizar os roteteiros turísticos e a posta en valor da área recreativa do Monte Castelo

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela estudia a posibilidade de sinalizar os seus roteiros turísticos e a posta en valor da área recreativa do Monte Castelo.
Segundo explica o concelleiro de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, “estanse a percorrer os cinco roteiros turísticos de Burela, denominados Panorámico, Natural, Costeiro, Xeolóxico e Artístico, para coñecer de primeira man o seu estado, obtendo asimesmo información grafica. O que queremos é precisar referencias de cara á súa sinalización, ao tempo que se traballa na procura das posibles fontes de financiamento para este proxecto de interese turístico para o Concello de Burela, documentando os necesarios protocolos para a obtención dos recursos económicos necesarios. Agardamos que teñan unha favorable resolución por parte das correspondentes administracións, xa que logo resulta esencial a sinalización e conservación destes roteiros para facilitar a súa utilidade e por tanto crear valorización na proxección turística do Concello”. O edil nacionalista engade que “a obtención de información gráfica dos roteiros posibilitará tamén unha actualización dos medios de divulgación documentados de gran utilidade para promover eficacia e por tanto potenciación turística dos nosos recursos”.

González Legazpi tamén anuncia que “se está a traballar na elaboración dun prego de condicións e bases axeitadas que posibiliten un desenvolvemento apropiado do local existente no Monte Castelo xunto coa súa area de influencia, e que seguramente será tratado no pleno de decembro. Esto ten como finalidade a explotación do local existente na búsqueda da expansión ecoturística xunto coa valorización da área recreativa do Monte Castelo cara o turismo e a súa divulgación tamén como espazo de natureza”.

Exit mobile version