Site icon Crónica3.com A Mariña

Caixa Galicia atende ao público nunha furgoneta en Cantarrana, Viveiro

Furgoneta oficina estacionada en Cantarrana (foto: Raul Torres)

VIVEIRO .- Dende fai algúns meses Caixa Galicia dispón dunha furgoneta para atender ao público en Cantarrana, Viveiro, en plena vía publica, situada nun aparcamento en batería no que o vehículo oficina ocupa varias prazas en liña. A furgoneta oficina atopase situada habitualmente fronte a un supermercado, nas inmediacións dun quiosco existente na travesía de Cantarrana, en dirección a Covas, a poucos metros do local no que se estaba instalando unha oficina que pechou antes de abrir ao público.
Segúndo explica Caixa Galicia nun cartel pegado nun local preto do aparcamento, a furgoneta é unha oficina móbil que “facilitan o acceso aos servizos bancarios a pobloacions con dispersión xeográfica” de “forma periódica en nos municipios nos que non hai oficina fixa”. A sucursal desta entidade máis próxima a Cantarrana está a máis dun quilómetro de distancia, en Viveiro, na travesía.
Nos últimos meses Caixa Galicia tamén pechou no barrio de O Campón, en Burela, unha oficina que levaba anos aberta sen que hasta a data a sustituira por unha furgoneta oficina mobil.
A evolución das frías e impersoais oficinas das entidades de crédito e aforro a oficinas furgoneta, similares as dos modernos expositores móbiles dos mercadiños, parece en proceso.

Exit mobile version