Site icon Crónica3.com A Mariña

Derrotas do Celtas–Primera Calidade e club baloncesto Xove que continúan con mala racha

FOZ/XOVE (M.F.O) .- O Celtas-Primera Calidad e o C. B. Xove volveron a perder os seus respectivos encontros, aínda co apoio do seu público,  e afúndense na zona baixa da clasificación.
Os de Foz, que non lograron ningunha vitoria, non puideron superar ao C. B. Sarria e perderon por 67 puntos a 74. O partido comezou mal para o Celtas que encaixou un parcial de 0 -13 nos primeiros minutos de partido, pero soubo recuperarse e ao descanso o resultado era de empate a 42. No segundo tempo as diferencias no marcador foron cortas para os dous equipos, chegándose aos minutos finais cunha pequena vantaxe para os de Sarria.
A ansiedade dos focenses por lograr a vitoria levounos a xogar uns malos minutos finais e acabaron perdendo por nove puntos.
Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Lucas(7), Miguel(10), Manuel, Sama(16), Diego(5) – Aarón(5), Eduardo(2), Brais(5), Humberto(7) e Manolo(10).
O Xove, que perdeu contra o Peleteiro, segue sen poder sumar a cuarta vitoria da tempada. Tras unha boa primeira metade os xovenses desplomaronse no terceiro cuarto encaixando un parcial de 5 puntos a 30 que os levaría a derrota final por 68 a 83.

Exit mobile version