Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo organiza un obradoiro dirixido ás mulleres para fomentar os hábitos saudables

CERVO .- O Concello de Cervo organiza un obradoiro dirixido ás mulleres para fomentar os hábitos saudables. O  taller celebrarase nas Escolas de Rúa a partir das catro da tarde. Nel trataranse temas como a prevención dos trastornos alimentarios, o consumo de dietas saudables e produtos ecolóxicos, os efectos do tabaquismo, ou os beneficios do exercicio físico para gañar en calidade de vida e en saúde.

Nota de Prensa

Os taller vai dirixidos ás mulleres e celebraranse nas escolas de Rúa

CERVO ORGANIZA UN OBRADOIRO PARA FOMENTAR OS HÁBITOS SAUDABLES

Cervo, 20 de novembro de 2009.- A concellería de Asuntos Sociais do Concello de Cervo organizará o vindeiro día 24 un obradoiro dirixido á poboación feminina baixo o título ““Hábitos de vida saudable”. O taller celebrarase nas Escolas de Rúa a partir das catro da tarde. Nel trataranse temas como a prevención dos trastornos alimentarios, o consumo de dietas saudables e produtos ecolóxicos, os efectos do tabaquismo, ou os beneficios do exercicio físico para gañar en calidade de vida e en saúde.

O obradoiro terán unha duración de catro horas e todas aquelas mulleres interesadas en participar poderán apuntarse ou ampliar información no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura de San Ciprián. Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración co Servizo Galego de Igualdade e está cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller.

Este é o segundo dos obradoiros organizados pola concellería de Asuntos Sociais de Cervo, tralo celebrado en San Ciprián o pasado 24 de outubro e que tivo como obxecto promover técnicas de aforro na economía doméstica entre as mulleres do municipio que participaron nel.

Exit mobile version