Site icon Crónica3.com A Mariña

Con cargo o complemento de produtividade Burela contratará tres persoas durante decembro

BURELA (FNC) .- O Concello realizará tres contratacións de persoal durante o mes de decembro con cargo ó remanente do complemento de produtividade de 2008. O alcalde, Alfredo Llano, sinala que “así damos cumprimento ó acordado hai uns días na comisión paritaria do Concello. Despois de abonar o complemento de produtividade do pasado ano entre os traballadores quedounos un remanente duns 8.000 euros e decidimos destinar parte deses cartos a realizar contratacións durante o mes de decembro e así o imos facer”.

Dous administrativos e un xardineiro son os postos de traballo que ofrece o Concello e “para cubrilos acudiremos á oficina do INEM”, engade o rexedor.

Llano lembrou que “nesa comisión paritaria tamén se decidiu por unanimidade eliminar o complemento de produtividade deste 2009 e destinar eses fondos a realizar contratacións de persoal durante o vindeiro ano e niso imos traballar tamén nas vindeiras semanas”.

Exit mobile version