Site icon Crónica3.com A Mariña

Crean en Burela a peña Soles Laranxa de apoio o equipo de futbol sala feminino

BURELA .- Sábado estrease a peña Soles Laranxa de seguidores e seguidoras do equipo de fútbol sala feminino de Burela. “Unha marea de soles laranxas inundará as gradas do Pavillón Vista Alegre” de Burela durante o partido que enfrontará ao Burela coas rivais galegas do Ourense. As persoas interesadas en formar parte desta peña poderán facelo simplemente enviando os seus datos ao seguinte correo electrónico: soleslaranxas@gmail.com

Nota de Prensa

Formouse onte en Burela a 1ª peña de seguidoras/es do club de fútbol sala feminino.

Un grupo de mulleres amantes do fútbol sala e seguidoras indiscutibles do equipo feminino de Burela decidiron formar unha peña de afeccionados e afeccionadas que disfrutan co bo fútbol sala que nos ofrecen as xogadoras de Burela.

A estrea desta nova peña será este sábado durante o partido que enfrontará ao CD Burela FSF coas rivais galegas do Ourense. Unha marea de soles laranxas inundará as gradas do Pavillón Vista Alegre…

Todas aquelas persoas interesadas en formar parte desta peña poderán facelo simplemente enviando os seus datos (nome, enderezo, teléfono) ao seguinte correo electrónico: soleslaranxas@gmail.com

Exit mobile version