Site icon Crónica3.com A Mariña

Cupeiro considera que as críticas do PSOE sobre o núcleo de sostibilidade só pretende prexudicar a Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, considera que as críticas dos socialistas sobre o núcleo de sostibilidade só pretenden fastidiar a Ribadeo e aos ribadenses. O edil lembra que o PSOE emprega os informes de Secretaría segundo lle interesa.

Horacio Cupeiro dixo hoxe que “parece que os compañeiros do PSOE están moi queixosos pola actuación de quen lles fala no pleno celebrado o pasado luns no Concello, cando tiven que facer fronte á grande cantidade de acusacións, insidias e mentiras que levan verquendo nos medios de comunicación desde hai un par de meses. Eu non sei qué esperaban, xa que precisamente entendo que o pleno é o lugar axeitado de debate e é alí onde documentalmente hai que ensinar todo”.

O responsable de Medio Ambiente considera que “lles doe moito todo, porque como lles presento toda a documentación entón eles se quedan un pouco acobardados. Alí é onde eu lles digo o que realmente queren eles a Ribadeo, tras todos estes días que estiveron falando do núcleo de sostibilidade empregando palabras tan burdas e tan duras como é a palabra Gürtel, ou dudar de si chegarían os 83 contenedores que viñeron polo plan de sostibilidade, dudaron da legalidade dalgunha das facturas como as de Adega e cuestionaron si tiñan capacidade para facturar cando incluso están exentos de IVA, decir que esa factura estaba chea de tachóns… é moi forte. Calquera que queira vir ao Concello a ver toda a documentación sobre o núcleo de sostibilidade verá como todo está feito e ben feito”.

Cupeiro engadiu que “eles están con esa teima de pedir un informe de Secretaría, cando resulta que a persoa autorizada para poder dar legalidade a unha factura que é a señora interventora e cando mediante un informe previo á aprobación resulta que non puxo ningún tipo de obxeción a ditas facturas porque son legais. Non entendo porqué lles preocupa tanto un informe de Secretaría, porque teño que lembrar que cando eles estaban no goberno cun informe negativo para o punto limpo, estiveron catro anos cunha empresa que só tiña contrato por seis meses”.

O concelleiro nacionalista pídelles aos socialistas que “sexan un pouco congruentes e que respecten a presunción de inocencia que creo que me merezo. Eles non a respectan para nada como demostraron contando un montón de mentiras e insidias só por intentar fastidiar a Ribadeo e aos ribadenses. Nosoutros seguiremos traballando pola defensa dos intereses do noso pobo gústelles ou non e cando veñan as eleccións xa será o pobo quen se manifeste sobre o qué quere e qué gobernantes quere. O que sí lle poido dicir ao pobo de Ribadeo é que conmigo teñen unha persoa que traballará desde o punto de vista da legalidade ainda que algúns pretendan desacreditarme”.

Exit mobile version