Site icon Crónica3.com A Mariña

Derrubemos todos os muros e valados

Os papeis tolearon esta semana, todo foi celebrar a posta de largo da desaparición do muro de Berlín, 20 anos que caeu o muro de Berlín, o muro que separaba o Berlín este do Oeste, o muro que ao carón había o capitalismo e a o outro o comunismo, o muro da guerra fría, o muro de escoller entre a disciplina social ou a disciplina do capital,… Cando moitos celebran a caída do muro de Berlín, outros como un servidor que naqueles momentos non nos caeu ningún ladrillo macizo da muralla encima a cabeza, nin tampouco cremos que a caída do muro fose o inicio dun mundo máis xusto, seguimos denunciando as mesmas inxustizas sociais, mesmo máis porque algunhas non existían ou non as podiamos ver, posto que o muro como todos os muros que foron e serán escondíaas tanto si eras de este , coma se eras do oeste.

A caída do muro deu alas ao capitalismo feroz, como o lobo do conto da globalización, que nos trouxo ao descontrol do sistema financeiro e en consecuencia á crise mundial que hoxe sufrimos, non vamos volver a un mundo de muros, vamos ou debiamos ir, si tiveramos un pouco máis de “sentidito comun” a un mundo de equilibrios e contrapoderes, si só hai uns grandes e poderosos estes entes traerán á perdición para os máis débiles e esmirrados, pero non é cuestión de dúas nacións poderosas e cheas de bombas de neutróns e das outras, senón de todo o mundo. Estes días gastase tinta a estallo sobre o este e o oeste, pero o muro entre o norte e o sur será o grande ausente, este norte que constrúe muros invisibles de espoliación de riquezas naturais e de explotación laboral, que destrúe o clima pola cobiza humana e que dende o punto de vista social dá auténtico noxo.

20 anos que caeu o muro entre Berlin este e Berlin Oeste, pero tanto antes como agora aínda temos o gran muro que derrubar, o muro entre o norte e o sur, o muro entre os moi ricos e os moi pobres.

Exit mobile version