Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela o PP pide que se constitúa a comisión de premios de solares para a súa limpeza

NOTA DE PRENSA
O GMPP asegura que o alcalde non constitúe a comisión de premios de solares pero ordena a limpeza dos mesmos.

Os populares lamentan a débil personalidade do alcalde.

Aseguran que muro de fábrica que se derrubou na zona de A Casilla segue sen arreglar.

O GMPP de Burela manifestou hoxe a través dunha nota de prensa que o alcalde burelés incumple os acordos plenarios, incluso os que se refiren ás escasas e pouco relevantes cuestións que el propón, pero que deixan ver nitidamente a súa débil personalidade e a súa irresponsabilidade política, xunto cunha falla de proxecto para Burela que trae consigo unha permanente improvisación.

Os populares refírense, unha vez máis, á creación da tan cacareada comisión para premiar os solares que presenten millor aspecto. Este acordo adoptouse hai xa cinco ou seis meses, a comisión nin tan siquera chegou a constituirse, e por encima o alcalde sigue dictando resolucións para que os propietarios das fincas procedan de inmediato á limpeza das mesmas, baixo amenaza de que o fará o concello e lles pasará os custos.

Segundo o GMPP, o alcalde asinou o pasado oito de outubro cinco decretos para que outros tantos veciños procedan á limpeza de fincas. O curioso é que só unha destas fincas se atopa dentro do casco urbano, e as catro restantes están, segundo os escritos remitidos ós propietarios, “nas proximidades da zona deportiva de A Marosa”. Todo esto reflexa dúas contradiccións: por un lado, a indefinición das fincas a acondicionar, e por outro que se esteña a preocupar de fincas fóra do casco urbano cando o que o alcalde dixo que pretendía coa comisión e cos premios era precisamente que se acondiconaran os solares urbanos. O que demostra unha absoluta improvisación e falla de rigor na xestión municipal, máis lamentable ainda no que estaba destinado a ser o seu “proxecto estrela”.

Os populares lembran que non é a primeira vez que o alcalde ordena a limpeza de solares, despois de que se acordase a creación da comisión de premios de solares. Asimismo, aseguran que estas cousas son as que provocan que os cidadáns non se fíen no que di este home. Como mostra, dous exemplos: a charqueira do parque do Campón segue igual, e o muro de fábrica que se derrubou hai meses na zona de A Casilla tamén está igual que estaba.

Exit mobile version