Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela o PP pídelle ao alcalde rigor na política de persoal e a Bouza dinlle que “presume do que non ten”

NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que a reunión do alcalde cos sindicatos foi todo menos tranquila.

Os populares aseguran que certas probas de selección de persoal poden estar “teledirixidas”.

Pídenlle ó alcalde seriedade e rigor na politica de persoal.

O GMPP de Burela asegurou hoxe que a política de persoal do Concello de Burela é un caos, que está nunha situación altamente preocupante porque hai problemas entre os representantes dos traballadores e o alcale, máximo responsable desta área.

Os populares aseguran que a reunión cos sindicatos e o alcalde do pasado mércores non foi tan tranquila como dixo o alcalde, porque o propio portavoz popular González Barcia estivo no concello, escoitou palabas máis altas ca outras e as caras de algunhas persoas ó sair da reunión non reflexaban precisamente paz e tranquilidad.

Para os populares, o complemento de productividade pagado polo concello con cargo ós presupostos de 2007 e 2008, este último ainda abonado no mes de Setembro e incumplindo unha vez máis a palabra dada polo alcalde, o único que xeneraron foron problemas como se demostra que haxa dous recursos de sindicatos contra o procedemento de tramitación, xa que foi ilegal ó non terse levado á mesa de negociacións e foi recurrido por dous sindicatos. Agora resulta que o alcalde afirma que se sacará o complemento de productividade para 2009, cando foi el quen propuxo pagala tan pronto como chegou á alcaldía.

O PP lembra que no convenio asinado en 2005 entre os sindicatos e o goberno municipal popular, xa se eliminara tal complemento, por consideralo demasiado subxectivo e falto de rigor. O alcalde e Remedios López tentaron usalo como unha fórmula de control político, pero tan mal que os propios traballadores se deron conta e o malestar xenerado foi enorme, de tal xeito que Remedios López pensaba que o concello era “a súa empresa”.

O alcalde debería de recoñecer que se equivocou, que non o fará, porque o seu non é precisamente a intelixencia. E vendernos agora a moto de que se aforran oito mil euros, é recoñecer que lles furtou ós propios traballadores eses cartos e que tentaba enganalos, porque nos presupostos había aproximadamente doce mil euros para productividade e só contaba pagar cinco mil. Porqué non os pagou todos? Menos creible é decir que se van destinar oito mil euros a crear emprego. Esta explicación resulta patética e unha burla á xente que está se emprego.

Por outra banda, algunhas probas de seleccion de persoal realizadas últimamente teñen sido un auténtico fiasco, como por exemplo as de unha praza para o GRUMIR, para o que era preciso ser un auténtico atleta e por outra parte non primaba para nada a experiencia e os cursos sobre a materia, de tal xeito que provocou un recurso do PP contra das bases. Pois ben, presentáronse tres personas, e a praza quedou vacante, e todo apunta a que a proba estivera teledirixida. Quedou vacante, e segue vacante, o que demostra a ineptitud política do alcalde.

E xa non falemos das probas de selección do profesorado da escola de música que resultaron esperpénticas, e das que se falará durante moito tempo.

Outro fiasco máis é o da RPT. Cando se aprobou o convenio actualmente en vigor, o alcalde anunciou unha nova RPT, que ó primeiro estaria lista para principios de ano e logo para o pasado setembro. Pois ben, todo apunta a que de momento non haberá RPT, un incumplimento máis do alcalde.

Os exemplos citados non son máis có resultado da personalidade débil dun alcalde que incumple os seus propios compromisos nun campo que sempre é complexo, o de persoal, que precisa ter criterios claros, seriedade e rigor. Xusto todo o que non tén o alcalde.

Por eso desde o PP pedímoslle que aplique seriedade e rigor na política de persoal, que non se deixe levar, como fai ás veces para logo cargarlle as culpas a outros, e que se asesore antes de dar pasos en falso que logo son difíciles de reconducir.

Os populares consideran que Lucía Bouza “presume do que non tén”.

Constatan que a cociña do “Virxe do Carme” non tén interés para o bigoberno.

Afirman que se limitou a continuar co que xa facía o PP.

O GMPP de Burela manifestou hoxe que as declaracións de Lucía Bouza son o máis vivo exemplo de que “presume do que non tén”, co que está a recoñecer as súas propias carências, porque se limita a recoñecer que continúa facendo o que xa viña facendo o PP, e a atender as necesidades que van xurdindo. Eso si, sacándolle as axudas económicas ós centros.

Para os populares resulta patético que Lucía Bouza non asuma compromisos coa cociña do “Virxe do Carme”, o que demostra que este asunto non tén interese para o bigoberno e só fixeron política con el buscando rendabilidade electoral. Tamén é penoso que non se comprometa a axudar ós centros como se viña facendo, prque hai que recordarlle que o concello, co PP, xa colaboraba no seu día nas actividades extraescolares dos centros, tanto con GAIA como com outro tipo de actividades, algunhas delas tamén medioambientais.

Exit mobile version