Site icon Crónica3.com A Mariña

En liberdade sen fianza a vicepresidenta da Deputación provincial de Lugo Lara Méndez

LUGO .- O Xulgado número 3 de Lugo solicitou a colaboración da vicepresidenta segunda de la Deputación, Lara Méndez, e requiriu documentación en relación a procesos de adxudicación de obras. Lara Ménez quedou en liberdade sen fianza tras prestar declaración.

Nota de Prensa

Gómez Besteiro reitera a máxima colaboración na investigación  que realiza o Xulgado nas instalacións de Santa María

O titular provincial ordeou suspender, polo momento, a viaxe de traballo a Sudamérica

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, informou esta tarde sobre a instrucción do Xulgado nº3 de Lugo de requerir información nun organismo dependente da Deputación, concretamente nas instalacións do Fogar de Santa María.

Gómez Besteiro deu a súa versión dos feitos e indicou que esta mañá  a Policía Xudicial pediu colaboración á Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a dous técnicos que traballan no complexo de Santa María para completar información dunhas dilixencias abertas. “Dende o principio, todos brindaron a máxima colaboración. Acompañaron á xuíza ata as instalacións de Santa María este mediodía e facilitáronlle a información solicitada”.

Neste senso, Gómez Besteiro volveu a reiterar a “máxima colaboración da Deputación ou de calquera órgano autónomo que dependa dela, como é o caso do INLUDES”. Ante esta situación, o máximo mandatario provincial ordeou suspender, polo momento, a viaxe de traballo que tiña previsto realizar a Sudamérica. “Lémbrolles que é unha invitación feita á Deputación por organismos oficiais”.

Exit mobile version