Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición de Otero Regal na casa de cultura “Poeta Manuel María” de Foz

Regal decorando pezas no seu obradoiro de RegalXunqueira

FOZ .- O concello de Foz organiza unha exposición de Otero Regal titulada “Paisaxes cerámicos”.  Acto que terá lugar o vindeiro martes, 1 de Decembro ás 20 horas na casa de cultura “Poeta Manuel María” de Foz. Ademais neste acto presentarase o libro de poemas “DENDE NOIS A PENA DE ORXAL” de Paco Rivas e ilustracións de Otero Regal.

Referencia

CONCELLO DE FOZ CONCELLERIA DE CULTURA

OTERO REGAL E XAIME CANCIO RODRIGUEZ

PAISAXES CERÁMICOS DE OTERO REGAL

Se algunha vez existirón dúbidas respecto á cualificación da cerámica como arte maior, estas quedaron definitivamente superadas por Pablo Picasso quen produciu nesa técnica algunhas das súas obras mais belas.
De non ser así, aquí están as obras de Otero Regal para reiteralo. A súa obra expresionista, en termos xerais, é de rara e rica complexidade. Paisaxes policromadas en cerámica combínanse , creando un clima sen parentesco que está, máis na “rareza” que na afinidade formal. .     REVISTART Agosto 2009

Acto que terá lugar o vindeiro martes, 1 de Decembro ás 20 horas na casa de cultura

Poeta Manuel María de Foz .

Ademais neste acto presentarase o libro de poemas “DENDE NOIS A PENA DE ORXAL” de Paco Rivas e ilustracions de Otero Regal

Exit mobile version