Site icon Crónica3.com A Mariña

Lamenta o PSOE que a conselleira do Mar non realizara ningunha xestión para abrir o porto de Alcoa ao tráfico comercial xaral

NOTA DE PRENSA:
REGO ACUSA A CONSELLEIRA DO MAR DE UTILIZAR MEDIOS DOS ORZAMENTOS DE TÓDOLOS GALEGOS PARA MANIPULAR INTERVENCIÓNS PARLAMENTARIAS

-O deputado socialista lamenta que a Conselleira demostrara no Parlamento non ter realizado ningunha xestión para a creación da autoridade portuaria e a apertura desta porto ao trafico comercial xeral.

– Sinala que “tentou manipular e tapar a improvisación e inacion do Goberno Galego sobre este asunto”

– Dixo que a Conselleira “dedicouse a laiarse da posible perda comercial dalgúns Portos da Comunidade Autónoma coma por exemplo o de Ribadeo, cara outros do Principado de Asturias”

-Afirmou que da intervención da Conselleira, no Pleno da Cámara, despréndense con moita claridade o grande que lle queda ao departamento que dirixe a xestión dos Portos de Galicia e o seu desenvolvemento futuro.

Santiago , 12 de novembro de 2009. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego acusou á Conselleira do Mar de utilizar medios dos orzamentos de tódolos galegos para manipular intervencións parlamentarias.

O deputado socialista respondeu así a información verquida pola da Conselleira do Mar, no Pleno da Cámara Autonómica, sobre o Porto de San Cibrao.

Ismael Rego dixo que a citada Consellería remitiu unha nota parcial sobre a apertura do Porto de San Cibrao aos medios, segundo sinala “tentando manipular e tapar a improvisación e inacion do Goberno Galego sobre a apertura ao trafico comercial xeral do porto de San Cibrao e a creación da Autoridade Portuaria deste porto de interese xeral”, relatou.

O deputado socialista lamenta que a Conselleira demostrara no Parlamento non ter realizado ningunha xestión para a creación da autoridade portuaria e a apertura desta porto ao trafico comercial xeral.

Rego argumentou que a titular de Pesca limitouse, durante a súa intervención en sede parlamentaria, a realizar vagas declaracións de intencións similares as que viñeron realizando distintos persoeiros do PP ao longo deste tempo, sen ningún resultado practico para conseguir o fin que din perseguir. Afirmou que “se dedicou a laiarse da posible perda comercial dalgúns Portos da Comunidade Autónoma coma por exemplo o de Ribadeo, cara outros do Principado de Asturias”. Rego advertiu que de producirse este feito “so seria atribuíble a incompetencia do actual Goberno Galego”, para xestionar os portos de competencia exclusiva como é o caso de Ribadeo, que ata o de agora ven desenvolvendo un importante actividade de trafico comercial, e que non foi posta en cuestión ata a chegada do PP ao Goberno de Galicia.

Afirmou que da intervención da Conselleira despréndense con moita claridade o grande que lle queda ao departamento que dirixe a xestión dos Portos de Galicia e o seu desenvolvemento futuro.

Exit mobile version