Site icon Crónica3.com A Mariña

Lucía Bouza propuxo a tres membros do tribunal de selección do persoal da Escola de Música, asegura o PP de Burela

NOTA DE PRENSA

O GMPP afirma que Lucía Bouza propuxo a tres membros do tribunal de selección do persoal da Escola de Música.

Os populares consideran que non debería implicarse no procedemento de selección.

Piden que o alcalde aclare personalmente esta situación.

O GMPP de Burela afirmou hoxe por medio dunha nota de prensa que Lucía Bouza, a concelleira de Educación e responsable da Escola de Música, propuxo o nomeamento de alomenos tres dos cinco membros do tribunal que xulgou as probas de acceso ás prazas de profesorado da indicada Escola. Os populares aseguran que as tres persoas nomeadas son persoas que se adican profesionalmente á música.

Para os populares, esta “nova intervención desafortunada” de Lucía Bouza non debería terse producido, dado que ela debería saber perfectamente se un familiar directo seu, profesor da Escola de Música hasta o trinta de Setembro, ía volver presentarse ou non, como efectivamente se presentou.

Por outra parte, as bases de convocatoria destes postos de profesor eran claras, xa que indicaban que os membros do tribunal debían ser “empregados públicos” e en ningún caso de carácter temporal. O GMPP afirma que esta circunstancia non queda acreditada no que se refire a estas tres persoas, dado que no expediente non hai ningún documento que o acredite, ainda que en ningún caso dubidamos dos seus coñecementos e valía profesional.

Os populares entenden que o alcalde debe dar explicacións sobre este asunto porque a fin de contas quen asinou o decreto de nomeamento do tribunal foi el, o que di ben ás claras que estivo en todo momento de acordo co que Lucía Bouza estaba a facer. O que non tén que facer é o que fixo no pleno do xoves pasado, que obrigou a Lucía Bouza a dar explicacións sobre a Burela Blues Band, nunha clara demostración de cobardía política e de non asumir nunca a responsabilidade de nada.

Exit mobile version