Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente ven de licitar a posta en marcha da Axenda 21 en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, dixo esta mañá que “estamos contentos por esta convocatoria que saiu o venres sobre as Axendas 21. Saiu o concurso para implantar estas axendas locais dentro dos núcleos de sostibilidade, entre os que se atopa o noso Concello”.
Cupeiro explica que “en Ribadeo como xa disponíamos dun traballo avanzado na implantación da Axenda 21 Local, o que imos procurar é revisar, adaptar e mellorar así como activar a propia axenda, polo que de novo teremos que activar tamén a participación cidadá”.
O edil nacionalista engade que “para a súa creación a axenda pide facer un diagnóstico, un análise, un plan de acción e un órgano consultivo. Este diagnóstico é para coñecer como está o concello desde o punto de vista da sostibilidade, osea dentro do que son os temas económicos, medio ambientais e sociais. A continuación faráse un análise das necesidades do concello poñendo como base a participación cidadá. O plan de acción será onde os cidadáns terán un lugar privilexiado á hora de tomar as decisións e as medidas axeitadas, e o órgano consultivo de participación será a nivel sectorial onde as asociacións, empresas, sanitarios, educativos… tomarán tamén decisións para seguir avanzando”.
Horacio Cupeiro suliñou tamén que “estamos implantado con outros concellos unha experiencia piloto chamada EFR, Empresa Familiarmente Responsable, coa Fundación Máis Familia. Este referencial o que pretenden é combinar a vida familiar e laboral dos traballadores tanto do Concello como da sociedade en xeral. Esta experiencia realízase de xeito gratuito xunto a outros concellos como Pozuelo de Alarcón,  Salamanca ou Valencia, entre outros,  e ainda se seguen apuntando máis nestas datas”.

Exit mobile version