Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións do PP de Ribadeo organizan unha xornada sobre a muller no século XXI

NOTA DE PRENSA
Novas Xeracións de Ribadeo organiza unha xornada sobre a muller co lema Retos da muller no século XXI

Ribadeo, a 25 de novembro de 2009.- Novas Xeracións de Ribadeo organizará o vindeiro sábado, día 28, as PRIMEIRAS XORNADAS DA MULLER baixo o lema Retos da muller no século XXI.

O encontro, que se desenvolverá no salón de actos da Casa do Mar, en Ribadeo, contará coa participación como conferenciantes da deputada autonómica Emma Alvarez, a presidenta de NNXX de Galicia e tamén deputada María Seoane, e da delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias, que se encargarán de abordar a situación na que se atopan as mulleres dende diversas ópticas: a familia, o traballo e a sociedade.

O pograma previsto desenvolverase neste orde:

11:30h – I conferencia: A muller fundamento da familia

Conferenciante: Emma Álvarez Chao

Deputada e Presidenta da mesa de Agricultura no Parlamento galego

12:00h – II conferencia: A muller traballadora

Conferenciante: Raquel Arias

Delegada Territorial da Xunta en Lugo

12:30h – III conferencia: A muller na sociedade

Conferenciante: María Seoane

Deputada e Presidenta das Novas Xeracións de Galicia

Conclusións: explicacións que correrán a cargo das responsables da Asociación de mulleres para a igualdade

Exit mobile version