Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela a favor de servizos mancomunados na A Mariña para abaratar custes

BURELA (FNC) .-  O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asistiu á xuntanza ordinario que celebrou onte a Mancomunidade de Municipios de A Mariña. No encontro abordaron cuestións coma o plan sustentable de dinamización de destino turístico, a modificación dos estatutos ou o tratamento dos voluminosos.

Llano sinalou que o plan sustentable de dinamización de destino turístico “é un tema que está avanzando, temos xa unha empresa que está plantexando solucións e propostas para a difusión da nosa Mariña. Eso será unha cuestión importante, e creo que antes de que remate o ano teremos algo máis claro de cómo será este plan. Todos os Concellos que estamos na Mancomunidade entendemos que si vamos xuntos sairemos moi beneficiados, e a parte sairán as cousas máis baratas, chegaremos a máis sitios e levaremos dentro dun orde as nosas propagandas e as nosas ofertas. Éstas vanse distribuir a través dun libro guía que vai ser moi interesante. O turismo e a súa promoción é un dos puntos clave que debemos abordar na Mancomunidade”.

O rexedor de Burela manifestou que “outro dos temas que abordamos foi a proposta de modificación dos estatutos. Imos estudiala e analizala para aportar algunha alegación ou modificación que lle poida ir ben. Temos ata o mes de decembro para facer os nosos plantexamentos e chegar a uns estatutos xa definitivos para a Mancomunidade”.

Alfredo Llano tamén contou que “tratamos sobre cómo resolver ou darlles saida ós voluminosos que se acumulan nos nosos concellos, agora que Sogama xa non se encarga da súa recollida. Estamos en contacto con dous ou tres operadores que se fagan cargo dos voluminosos en conxunto e, si é posible, tratalos mancomunalmente para que a proposta económica sexa o máis interesante posible para os concellos que se poidan adherir a este acordo”.

O alcalde burelés engadiu que “eu quedaríame con estos tres asuntos de todos os que se abordaron onte. Hai que ir pensando en compartir todo aquelo que sexa posible e beneficioso para o conxunto dos Concellos. Hai que tratar de unificar criterios que no fondo o único que van procurar é ofrecer un bó servizo e para que A Mariña colla corpo como cuestión integral e global. Quedamos para outra xuntanza antes do nadal para abodar de novo todas estas cuestións e outras que poidan xurdir”.

Exit mobile version