Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo rexeita facer “xuízos paralelos” pola investigación que afecta a Lara Méndez

CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, en nome do equipo de Goberno local rexeitou hoxe facer “pre xuízos” ou “xuízos paralelos” respecto da detención policial acontecida onte por unhas horas pola concelleira socialista nesta corporación, Lara Méndez. Neste senso Villares pediu “respecto” e aconsellou “que se espere” ao ditame da Xustiza “a diferenza do que fan outros partidos políticos”.

O xefe do Executivo municipal felicitouse porque Lara Méndez estea en liberdade trala súa detención de onte, aínda que suxeita á evolución das investigacións, e sinalou que no momento en que o ditame xudicial vexa a luz a representante socialista terá que dar “as explicacións políticas oportunas”.

Ademáis Villares tamén esixiu coherencia “a algún” representante comarcal do PSOE “e sexa agora igual de contundente nas súas declaracións polo acontecido onte cunha das súas compañeiras de partido do mesmo xeito que o foi hai dez días cando se permitiu o luxo de facer acusacións veladas sen fundamentos dun hipotético caso Gurtel en San Ciprián”.

Exit mobile version