Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo demanda a implicación de máis institucións para melloras nas Catedrais

RIBADEO (FNC). O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, explicou que a visita do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, foi para “seguir dando pasos neste compromiso que o presidente mantivo aquí en Ribadeo hai dous meses no sentido de avanzar nesta maravilla que temos aquí, pero que forma parte do patrimonio dos galegos como é a praia das Catedrais. Desde Ribadeo sempre decimos que esto de tan ben que vai pode chegar a morrer de éxito senón tomamos medidas que exceden a capacidade do Concello e se converte en algo xa supramunicipal”.

Suárez Barcia engadiu que “para eso, dado que un dos viais que circundan esta zona é da Deputación Provincial de Lugo, o presidente se comprometeu en buscar maneiras de mellorar esto, respetando a zona de Rede Natura, a zona de monumento natural, respetando toda canta normativa hai que aquí se concentra… temos que buscar saídas para que a xente que visita este areal durante todo o ano teña mellores accesos e mellor celeridade para entrar e saír. Entendemos que quizáis esto non só se deba limitar á Deputación Provincial de Lugo, somos ambiciosos e cremos que máis institucións coma a Dirección General de Costas tamén se poidan comprometer con este proxecto”.

Fernando Suárez agradeceu a presenza de José Ramón Gómez Besteiro en Ribadeo, a onde acudiu acompañado pola vicepresidenta Lara Méndez. Á súa chegada foron recibidos no Concello, onde mantiveron un encontro co alcalde e cos voceiros das outras formacións políticas e despois desprazáronse ata a praia das Catedrais

Pola súa banda, o presidente da Deputación sinalou que “existe un compromiso para amañar esta estrada provincial ao seu paso por Ribadeo, e agora o que temos que facer é un proxecto para non estropear todo esto. A xente ten que chegar ata aquí comodamente, pero non ao pé da praia”. Gómez Besteiro dixo que “hai unha cantidade asignada para este proxecto duns 540.000 euros para facer un tramo que non chega aos dous kilómetros de lonxitude”. O presidente da institución provincial anunciou que “a vindeira semana estarán aquí os técnicos da Deputación para facer eses cálculos”.

Exit mobile version