Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros critica que o PP anunciara a instalación de ascensores nas casas sociais e que non o fagan

Nota de Prensa
O BNG CRITICA AS POLÍTICAS SOCIAIS DO PP EN BARREIROS. OS NACIONALISTAS ACUSAN AOS POPULARES DE ENGANAR AOS VECIÑOS ANUNCIANDO EN CAMPAÑA A INSTALACIÓN DE ASCENSORES NAS ANTIGAS VIVENDAS SOCIAIS. ALGO QUE AGORA NON SE VAI FACER.

Barreiros, 28 de novembro de 2009. O BNG critica as políticas sociais do PP en Barreiros. Os nacionalistas acusan aos populares de enganar aos veciños anunciando en campaña a instalación de ascensores nas antigas vivendas sociais, algo que agora non se vai facer debido ás supostas dificultades técnicas e ao costoso da obra.
Desde o BNG sinalan que “outro dos incumprimentos que parece que se vai facer efectivo por parte do PP é a colocación de ascensores nas antigas vivendas sociais. Inmobles que tivo que arranxar o anterior goberno bipartito da Xunta, concretamente a Consellería de Vivenda que dirixía Teresa Táboas. Foron pintadas dados os desperfectos que presentaban e que ocasionou a mala adxudicación das obras de reparación que fixo no seu día o PP, ditas obras deixaron aquelas vivendas con moitos perigos e con moitos problemas de humidades. Eso foi arranxado pola Xunta cunha forte inversión e en plena campaña do PP dúas persoas que agora son cargos públicos dedicáronse a anunciar que se ían instalar ascensores nas vivendas”.
Antonio Veiga asegura que “a resposta que nos deu no pleno do xoves o Sr.Fuente Parga desautoriza un pouco o que estes axentes electorais do PP, agora concelleiros, foron dicindo polas casas, ousexa enganando aos veciños. Por un lado, dinos que a solución técnica é difícil, que hai dificultades para instalar un ascensor neses edificios dos anos 80, e por outra banda asegura que tamén serían demasiado costosos. Lóxicamente eso non se dixo cando se fixo propaganda electoral xogando coas necesidades da xente, e de persoas maiores que viven nos terceiros pisos e que teñen moitas dificultades para subir”. Os nacionalistas entenden que “debe ser esa a política social do PP en Barreiros, curiosamente algúns dos que o prometeron están relacionados coas políticas sociais que hai que aplicar nos Concellos, dígo eu que deber ser esa a política social que ten o PP para os nosos maiores, porque o modo de actuar xa sabemos cal é, enganar á xente e prometer cousas que non se poden cumprir. O que prometeu o BNG en Barreiros sí que se fixo, aí está e o poden atestiguar os veciños e agora o propio o alcalde recoñece que o que eles prometeron era un engano”.

Exit mobile version