Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Dinamización de Burela rematou sete obradoiros nos que formou a 60 participantes

BURELA .- A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en outubro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en Burela. No mes que remata impartiu un total de 7 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 59 persoas e que se estenderon ao longo de 59 horas. Os obradoiros impartidos foron os seguintes: “Iniciación a Internet”, “Creación de calendarios para nenos e nenas”, “Iniciación á Informática: Linux”, “Folla de cálculo: Calc”, “Blog, participa en Internet” e 2 edicións de “Creación dunha conta de correo electrónico”. Ademais, deuse a charla “Sixpac: Sistema de información xeográfica”, na que se amosou cómo empregar a aplicación web da xunta para medir distancias, fincas, etc. Á charla asistiron 12 persoas.
Asemade, 16 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as iniciativas que esta oferta e as súas instalacións, que foron foron utilizadas nun total de 610 ocasións.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Burela en xaneiro de 2008, foron xa 378 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 131 obradoiros que se extenderon ao longo de 1.237 horas e nos que se formou a 762 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 6 charlas e 3 iniciativas, nas que participaron 120 persoas.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica,
enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das
estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus
principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e
ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores
e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que
se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás
necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con
discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao
Centro de Dinamización de Burela, sito na Casa da Xuventude do concello ou mandar un correo
electrónico ao enderezo: roberto.burela@dinamiza.fundacioncalidade.org.

Exit mobile version