Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Turismo de Burela preocupado pola parálise das políticas da Xunta para o turismo na Mariña

BURELA (FNC) .- O Concello de Burela que ven de estar presenta na XII Edición do Certame Internacional de Turismo, Gastronomía e Artesanía Expogalaecia 2009 que se celebrou en Vigo. O concelleiro de Turismo, José González Legazpi, asegura que “foron moitos os que visitaron o stand de Burela e os que se interesaron polos nosos recursos turísticos, gastronómicos e culturais. Destacou o bonito de Burela e ás súas condicións de captura e tratamento artesanal”.

O edil nacionalista sinala que “Burela conclúe despois de estar no IFEVI de Vigo con grande éxito a súa promoción anual en certames turísticos, ao tempo que valora de forma determinante a importancia de estar presentes nos encontros turísticos máis consolidados. Ditas feiras promoven divulgación de forma ampla pola representatividade de países,comunidades, institucións e operadores que xeran as posibilidades de acercamento ao noso concello e por tanto as condicións de posicionamento e de interese como destino turístico ao tempo que ten unha clara repercusión positiva para os sectores económicos locais, resulta evidente que tendo os recursos e as condicións de produto e destino, o que compre é desenvolver políticas para a divulgación en condicións positivas e de interese”.

González Legazpi engade que “o sector do turismo non debe retroceder senón que debe avanzar de xeito claro e promovendo ás condicións ou modificacións funcionais de adaptación á conxuntura actual. Consideramos que debe manterse na liña de actuación que viña desenvolvéndose xa que logo representa en Galicia un porcentual do PIB e da ocupación laboral destacable e ten soportado as consecuencias da actual economía de forma estimable, en tanto que se desvirtuaron os estudios inicias que sinalaban un descenso de preto do 10 % a respecto do pasado ano, e finalmente este descenso foi do 1,4 % o que significa sen dúbida unha situación de mantemento e estabilidade a pesares das circunstancias económicas concorrentes”.

Situación preocupante na Mariña

O responsable de Turismo en Burela manifesta que “resulta por tanto preocupante non só para o Concello de Burela senón para toda a comarca de a Mariña, o non atoparse representada en encontros tan importantes como Expogalaecia en Vigo, Turicom en Xixón, e mesmo Intur de Valladolid que se celebra nos vindeiros días, cando si se estivo o pasado ano, e mesmo o descoñecemento de políticas para o desenvolvemento turístico da nosa comarca por parte do executivo da Xunta de Galicia do Sr. Feijoo, xunto coa ausencia de información de tipo algún facultada por parte das Fundacións Comarcais, e incluso da Asociación Comarcal para o Desenvolvemento Turístico de A Mariña dentro da lóxica esixible pola reciprocidade institucional co goberno da Xunta de Galicia, o que evidentemente representa preocupación e dubida para a toma de decisións sectoriais”.

González Legazpi di que “resulta evidente que a parálise apreciable xunto coa ausencia de medidas efectivas pode representar retroceso no desenvolvemento dos sectores económicos da comarca en xeral e de Burela en particular, podendo determinar un perxuizo claro aos sectores máis dinámicos do sector. Parece oportuno considerar a importancia dun incremento nas partidas que se dispoñen nos orzamentos da Xunta que resultan claramente minoradas respecto das necesidades básicas dos concellos xunto coa esixencia de políticas claras e inmediatas para a valorización dos sectores, nun momento transcendental para a economía e inmersos xa no Xacobeo 2010, non caben por tanto condicións de austeridade que traerán retroceso aos sectores socioeconómicos, se non, que procede en todo caso reequilibro de condicións en beneficio dos sectores vinculados e das propias administracións municipais”.

Exit mobile version