Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo elabora unha guía de boas prácticas para os colexios e entrégalles 1.000 exemplares

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo elabora unha guía de boas prácticas para os colexios e entrégalles 1.000 exemplares en formato electrónico. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, suliña que “esta guía forma parte dun programa específico de sensibilización ambiental do noso concello. Vai dirixida aos colexios, porque entendemos que os hoxe nenos serán os responsables do futuro, e como tales debemos encamiñalos cara o desenvolvemento sostible”.

O edil nacionalista relata que “nesa guía faremos unhas recomendacións ás direccións dos centros como responsables da organización dos colexios. Ditas recomendacións irán encamiñadas ao aforro enerxético, aforro de papel, auga, a cómo adquirir productos e cómo tratar os residuos. As mismas pautas vánse facer aos alumnos e de cara aos profesorado imos facer unha visita ao punto limpo para analizar todos os residuos que a xente tira e ver aqueles que se puideran reutilizar e que vexan tamén o espazo que ocupa o punto limpo e o verquedoiro”.

Cupeiro sinala que “con esta guía de boas prácticas ensinarase a reflexionar sobre qué productos comprar en función dos seus envoltorios, explicarase o aforro en función da reciclaxe, explicarase tamén a Axenda 21 Local e farase unha visita á EDAR (estación depuradora de augas residuais)”.

A guía de boas prácticas para os colexios é outra das actividades organizadas polo núcleo de sostibilidade de Ribadeo.

Exit mobile version