Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo extende a todo o curso as actividades de loita contra a violencia de xénero

RIBADEO (FNC) .- Os nenos de terceiro de Educación Infantil dos colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Xesús disfrutaron estes días dunha sesión de contacontos enmarcada dentro da quinta edición da campaña Un futuro por compartir en igualdade. Segundo explica a responsable do CIM, Luisa González, “a intención é afondar na crenza e necesidade de empezar a traballar o tema da igualdade de xénero en edade temperás. Pensamos que a educación é a mellor resposta contra a violencia de xénero”.
A campaña organizada polo Concello de Ribadeo e na que colaboran os centros de ensino “prolongarase ao longo de todo curso por primeira vez, xa que outros anos nos centrábamos máis nun só trimestre. Ademáis supón “a incorporación dun proxecto pioneiro na comarca, a prevención da violencia de xénero mediante a creación de guións cinematográficos por parte do alumnado que traten a temática da violencia, o cal lles ensinara á ter que traballar sobre a mesma, a súa orixe, as manifestacións, os tipos de violencia…”.
Luisa González anuncia que nas vindeiras semanas se reunirá a comisión de traballo interinstitucional “que ven mantendo encontros cada tres ou catro meses para facer un seguimento sobre o protocolo local de prevención, detección e atención ás vítimas de violencia de xénero”.

Exit mobile version