Site icon Crónica3.com A Mariña

O Núcleo de Sostibilidade de Ribadeo organiza unha actividade de coidado do monte de Santa Cruz

RIBADEO (FNC) .- O Concello de Ribadeo, a través do Núcleo de Sostibilidade, organiza unha actividade educativa de coidado do monte de Santa Cruz e de manexo sostible dos residuos. Váise celebrar o vindeiro sábado 7 de novembro “co obxectivo de poñer en valor a conservación da biodiversidade, que require do uso sostible dos recursos naturais postos a disposición dos cidadáns e para concretar boas prácticas relativas á limpeza e conservación dos contornos naturais”, segundo explica o edil de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.

A actividade é  gratuita e poderá participar calquera rapaz ou rapaza do concello de Ribadeo que teña entre 10 e 14 anos, previa inscripción e con autorización. As prazas son limitadas. A saída para Santa Cruz en autobús será o sábado ás 11 da mañá desde a Casa do Concello e a volta está prevista para as 13 horas. Os participantes deberán presentarse con vestiario e con calzado axeitados para a actividade que van desenvolver e as condicións metereolóxicas destas datas.

Os interesados poden inscribirse na Axencia Local de Sostibilidade do Concello de Ribadeo, chamando por teléfono ao 982 120 701, ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección: sostibilidade@ribadeo.org

Cupeiro suliña que “toda a actividade se fai co ánimo de mentalizar aos nenos no coidado dos espazos naturais de forma sostible”.

Exit mobile version