Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio da Mariña pola Igualdade representa en Ribadeo a obra de teatro “Tirando do fío da vergoña”

RIBADEO .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade escenificará este domingo en Ribadeo a obra teatral “Tirando do fío da vergoña”, coa que participa nun concurso do Ministerio de Igualdad. A obra busca concienciar á poboación sobre a lacra da violencia machista, participarán persoas doutros colectivos sociais e culturais da Mariña

Nota de Prensa

O Observatorio da Mariña pola Igualdade escenificará este domingo en Ribadeo a obra teatral “Tirando do fío da vergoña”, coa que participa nun concurso do Ministerio de Igualdad

Na representación da obra, que busca concienciar á poboación sobre a lacra da violencia machista, participarán persoas doutros colectivos sociais e culturais da Mariña

Este domingo a partir das 13 horas, nos Cantóns de Ribadeo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade representará “en vivo” a obra teatral TIRANDO DO FÍO DA VERGOÑA, coa que participa no concurso “Sae a Escena” convocado polo Ministerio de Igualdade. (Lembramos que aínda se vote poder en Internet pola obra desde a páxina www.salaescena.es, indo a VOTACIÓN e logo a TEATRO).

A peza teatral, dirixida por Patri Otero, busca concienciar á poboación sobre as causas da violencia de xénero ao tempo que lembra a todas as mulleres asasinadas durante o ano 2009 polo feito de seren mulleres. A principal novidade na representación deste domingo é que nela participarán tamén integrantes de diferentes colectivos sociais e culturais da Mariña que queren apoiar a iniciativa de forma explícita e sumarse á condena contra a violencia de xénero. Desde o Observatorio animamos a que a xente acuda ao acto e apoie coa súa presenza esta iniciativa.

Ao final da representación lerase un MANIFESTO para reivindicar a reflexión e comprensión das causas que xeran este tipo de violencia, así como para avaliar os avances e aspectos pendentes. O Manifesto, impulsado polo Observatorio, está subscrito por numerosos colectivos culturais e sociais da Mariña, como o Colectivo 8 de Marzo (Ribadeo), a ongd Amarante (Ribadeo), a Asociación cultural A Pomba do Arco (Foz), o Colectivo Cultural Buril (Burela), a SCDR Palestina (Burela), a Asociación Cultural Paco Lanza (Ribadeo), a Asociación Cultural O Tesón (Ribadeo) ou o Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros). Desde o Observatorio facemos un chamamento a que calquera outro colectivo que queira apoiar o manifesto se poña en contacto connosco a través do noso correo electrónico: observatorioigualdade@gmail.com

Exit mobile version