Site icon Crónica3.com A Mariña

O Plan Estratéxico da Deputación ofrece a primeira visión real e global da provincia

LUGO .- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Director de Caixa Galicia, José Luis Méndez, acompañados dos investigadores da Universidade de Santiago encargados da redacción do Plan Estratéxico, presentaron este mércores as principais liñas de actuación do documento para o que se contou coa colaboración do Centro de Investigación Económica e Financieira da Fundación Caixa Galicia.

No acto no que tamén participou o Vicepresidente Primeiro, Antón Bao, Gómez Besteiro subliñou que “un dos compromisos deste equipo de goberno foi a redacción dun Plan Estratéxico da provincia para o período 2008-2015, o primeiro a nivel provincial, e que será a nosa folla de ruta a seguir nos vindeiros anos para lograr o crecemento e o desenvolvemento da provincia. Deste xeito, temos por primeira vez unha visión global e real das necesidades de Lugo, o que nos permitirá reinventir os cartos en proxectos estratéxicos”.

A diagnose permite detectar as fortalezas e oportunidades que transformarán esta provincia nun territorio coa máxima proxección de futuro e onde o 67 Concellos son os grandes beneficiados. A versión definitiva recollerase nunha publicación final, “polo que rematamos a primeira fase do compromiso adquirido, e a finais de decembro estaremos en condicións de entregarllo ós grupos, e como tamén farei chegar ó Presidente da Xunta de Galicia para complemento ó Plan Impulsa Lugo. Está nas mans de todos o futuro da nosa provincia no que todos debemos traballar de forma conxunta”.

A diagnose é o resultado das 18 mesas sectoriais nas que estiveron representantes de todos os axentes socioeconómicos da provincia e nas que avaliaron a situación na que se atopa Lugo para captar futuros investimentos. En total, entre administracións públicas, Universidade, Sindicatos, Organizacións Empresariais e os veciños dos Concellos participaron máis de 100 persoas.

Pola súa banda, José Luis Méndez subliñou que “Caixa Galicia estará siempre a la disposición de la Diputación para tomar decisiones conjuntas y claves para el futuro de Galicia”. Neste senso, indicou que “este proyecto es una herramienta estratégica que con contribuye al bienestar de Lugo. Por eso es importante que se lleve a la Xunta para que los territorios tengan mayor protagonismo y dejemos de ver sólo esa diagonal formada por Coruña, Santiago y Vigo”.

O horizonte do Plan toma como referente o vixente período de planificación da política rexional da Unión Europea, na que por última vez Galicia e Lugo contarán con un importante fluxo de fondos comunitarios, que en etapas importantes, xogaron un papel importante no crecemento da economía galega.

Visión conxunta da provincia

Para determinar os eixos de actuación, Gómez Besteiro explicou que “se dividiu a provincia en catro zonas e 18 sectores nos que se plantexan 15 liñas de actuación, sen perder a perspectiva de provincia”:

1.- Zona Costeira.- A actividade pesqueira desta zona concéntrase, principalmente, nos Concellos do Vicedo, Burela e Viveiro, representando o 50%. Segundo a diagnose, e tendo en conta que este é o sector estratéxico da Mariña, os puntos clave nos que se deberá traballar son: búsqueda de novos mercados; xeración de redes de investigación no eido da pesca e promoción dos produtos mariños; e intensificar a promoción turística da zona, algo ó que contribuirá a certificación medioambiental das praias na que xa estamos a traballar xunto cos Alcaldes da Mariña.

2.- Zona Centro.- O sector agrario supón o principal motor económico desta zona e as liñas pasan pola consolidación das producións de leite e carne de vacún para facer máis competitivas as explotacións; apoio á industrialización para xerar valor engadido na transformación do leite e carne e das súas denominacións de calidade (Queixo de San Simón, Tenreira Galega….); fomento da economía a través do turismo, aproveitando que o Camiño Norte, Primitivo e Francés transcorren por esta zona. Por último, tendo en conta as condicións orográficas da Terra Chá, tamén se promoverá a posta en marcha de instalacións foltovoltaicas e de biomasa.

3.- Zona Montaña.- A análise constata que o despoboamento da provincia é un problema fundamental para o desenvolvemento de Lugo, tras caer desde os casi 550.000 habitantes nos anos 1940 ata os pouco máis de 350.000 en 2008. Neste senso, deberase mellorar o saneamento daqueles Concellos máis perxudicados pola dispersión xeográfica e polo avellentamento da poboación, así como das prestacións sociais como a sanidade ou a educación, e promover o uso das novas tecnoloxías para dinamizar o rural.

A produción de carne de vacún lidera este sector a nivel provincial, por iso, deberase apostar pola mellora da posición competitiva da Tenreira Galega e da produción ecolóxica, ademais de pola comercialización doutros produtos típicos da montaña, tales como castañas, noces e cogumelos, para xerar valor engadido a estas producións.

4.- Zona sur.- Neste caso as liñas de actución inclúen a promoción dos viños da Ribeira Sacra o que deberá ir da man do turismo rural e do enoturismo (turismo do viño); impulso da horticultura e da súa comercialización e explotar a potencialidade de Monforte como intermodal de mercaderías.

Exit mobile version