Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera que a Xunta cumpre con Burela e anuncia a obra da cuberta da gardería

NOTAS DE PRENSA
O GMPP asegura que Burela recibirá da Xunta un 37% máis de fondos para servicios sociais.

Barcia e Pedre destacan o incremento en materia de dependencia con respecto a 2008.

Consideran que a Xunta de Feijoo cumple con Burela.

O GMPP de Burela, a través dos seus concelleiros José María González Barcia e Luis Miguel Pedre Dìaz, afirmaron hoxe nunha nota de prensa que o Concello de Burela vai recibir da Secretaría Xeral de Familia e Benestar da Xunta de Galicia, dentro do Plano Concertado de Servicios Sociais do presente ano, un total de 218.811’68€, ou sexa, trinta e seis millóns catrocentas sete mil pesetas. Tendo en conta que a Xunta concedera en 2008 un total de 136.471’34€, vintedous millóns setecentas mil pesetas, o incremento con respecto ó pasado ano é de un 37’63%, ou sexa, Burela recibirá da Xunta de Núñez Feijoo 82.340’34€ máis, trece millóns setecentas mil pesetas, ca en 2008 coa Xunta bipartita.

Pedre e Barcia fan fincapé en que o maior incremento trasladarase á dependencia, xa que se pasa de 13.459’20€, dous millóns duascentas cincuenta mil pesetas, en 2008, a 87.376’00€, máis de catorce millóns e medios de pesetas no presente ano 2009.

Pedre e Barcia tamén destacaron o incremento absoluto da axuda no fogar, que pasa de 51.790’09€ en 2008 a 125.706’89€ en 2009.

Os concelleiros do PP indicaron que esto demostra que a Xunta de Núñez Feijoo está comprometida con Burela. Destacaron que así se desmonta o argumento do Bloque: Burela sí que sae ganando co PP, e perde por goleada co Bloque, sobre de todo nun campo no que hai moito que traballar e moito que facer, como é o dos servicios sociais. Esta aposta da Xunta polos servicios sociais de Burela confiamos que se vexa traducida nunha boa dirección política desde o concello, porque o persoal municipal tén demostrada sobradamente a súa competencia. Tamén confiamos en que o gasto se faiga adecuadamente para tentar que os cartos que envia a Xunta teñan efectos reales sobre os cidadáns.

Adxudicada a obra da nova cuberta da gardería municipal de Burela.

Barcia e Pedre afirman que custará cento dez mil euros.

Os concelleiros populares José María González Barcia e Luis Miguel Pedre Díaz afirmaron hoxe que o Consorcio de Servicios Sociais da Xunta de Galicia vén de adxudicar provisionalmente a obra da nova cuberta da gardería municipal de Burela á empresa OMODYS. A obra tén un presuposto de contrata de cento dez mil euros, dezaoito millóns trescentas mil pesetas, e suporá a colocación dunha nova cuberta.

Pedre e Barcia lembraron que o retraso débese fundamentalmente a que houbo que facer un novo proxecto e incrementouse o presuposto, co que os trámites administrativos tamén se fixeron máis lentos, ó non poder facerse por adxudicación directa. Con todo, os populares indican que esta obra mellorará sensiblemente as condicións da gardería, xa que o que se pretendía facer inicialmente eran solo unhas reformas da cuberta.

González Barcia e Luis Miguel Pedre indicaron que se alguén tiña dúbidas de que esta obra non se faría, descoñece totalmente os compromisos do PP con Burela. Desde o PP traballamos para mellorar as condicións de vida dos nosos cidadáns, mentres outros se adican a facer sermóns de fin de semana para desprestixiar á Xunta.

Exit mobile version