Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP critica o Goberno do Estado por non poñer en marcha o protocolo de prevención da contaminación marítima

NOTA DE PRENSA
O voceiro de Pesca do PPdeG, Balseiro Orol, indicou que o Parlamento terá oportunidade de debater proximamente a petición de que o Goberno central rectifique a súa decisión e manteña o grupo gabinete de expertos do antigo Centro de Prevención da Contaminación (CEPRECO) en Galicia

BALSEIRO OROL: “ZAPATERO FINIQUITOU O GABINETE DE EXPERTOS ENCARGADO DE PREVIR, DESEÑAR E POR EN MARCHA PROTOCOLOS PARA QUE OUTRO PRESTIGE NON SEXA POSIBLE”

* “O corredor marítimo de Fisterra co paso de 40.000 buques ao ano, dos que aproximadamente 12000 transportan mercadorías perigosas, é razón suficiente para que Galicia sexa a sede deste Gabinete de expertos”

* José Manuel Balseiro indicou que “non podemos comprender que un Goberno con catro ministros galegos poida desprezar, marxinar e esquecer deste xeito o que Galicia necesita”

Santiago, 25 de novembro de 2009.- O voceiro de Pesca do PPdeG, José Manuel Balseiro, criticou hoxe nunha pregunta parlamentaria a nova estratexia de marxinación e prexuízo para os intereses de Galicia que está a protagonizar o Goberno de Rodríguez Zapatero que “finiquitou o Gabinete de expertos encargados de previr, deseñar e poñer en marcha os protocolos necesarios para que outro Prestige non sexa posible”. Balseiro indicou que os grupos parlamentarios terán oportunidade de posicionarse proximamente sobre o desmantelamento do gabinete de expertos do antigo Centro de Prevención da Contaminación (CEPRECO), que tiña a súa sede na cidade da Coruña , a través dunha iniciativa presentada polo PPdeG.

No transcurso da pregunta parlamentaria, que realizou hoxe no pleno do Parlamento, José Manuel Balseiro resaltou o incomprensible do traslado forzoso destes profesionais, a Madrid ou outros destinos, “tendo en conta que polo corredor marítimo de Fisterra, , ao carón das rías galegas máis produtivas e ricas, pasan 40.000 buques ao ano e, entre eles aproximadamente 12.000 que transportan mercadorías perigosas”

O voceiro de Pesca indicou así mesmo a posición “totalmente incomprensible” do Goberno do Estado “que con catro ministros galegos sentados no seu Consello poida desprezar, marxinar e esquecer deste xeito o que Galicia necesita”. José Manuel Balseiro indicou que nin a loita contra a contaminación mariña nin Galicia son prioridades dentro da axenda socialista de Zapatero “e terán que explicarnos por qué nos despachos de Madrid se traballa mellor nos protocolos contra esta contaminación que sobre o terreo”.

Para o deputado popular esta decisión conta coa complicidade dos socialistas galegos “que non están a facer presión para obrigar ao Goberno do Estado a reconsiderar esta inaceptable decisión sobre o traslado dun servizo útil para Galicia sen que teña rematado o seu traballo e obxectivos e que se enmarca dentro das decisións que tomaron de aparcar todas as iniciativas impulsadas polo PP en Galicia e en Madrid, tanto no tocante a prevención de accidentes como paliar os danos sociais e económicos causados polos vertidos e acabaron co Plan Galicia”

Exit mobile version