Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela aporta datos de facturas impagadas

NOTA DE PRENSA

O portavoz do PP José María González Barcia resposta a Nieves Cando.

“Reiteramos que hai facturas pendientes de pago por importe de vinte millóns setecentas cincuenta mil pesetas”

Barcia exíselle a Cando que diga “se decimos a verdade ou mentimos, e cando conta pagar esas facturas”.

O portavoz do Grupo Municipal Popular, José María González Barcia, ratificouse punto por punto na débeda existente na Delegación de Cultura, e que según Barcia se desglosa así:

1.- 43.151’41€ en facturas varias, recoñecidas e pendientes de pago a 23 de Outubro.

2.- 49.955’04 das tres facturas de actuacións musicais nas festas.

3.- 14.500’00€ de facturas da Festa do Bonito.

4.- Facturas varias pendientes de recoñecer por importe aproximado de 11.000’00€.

5.- Factura de ocupación do porto por importe de 6.248’52.

6.- Importe total, 124.854’97€, ou sexa, algo máis de vinte millóns setecentas cincuenta mil pesetas.

José María González Barcia indicou, en referencia ás declaracións feitas públicas por Nieves Cando, que a el non lle preocupa onde vive Nieves Cando: o que lle preocupa é que Nieves Cando tén a obrigación de xestionar os cartos “dos cidadáns que pagamos relixiosamente a auga, o lixo, o rodaxe dos coches e a contribución das nosas casas; o demais tráeme sen cuidado”. “Tén unha especial teima en decir que vivo en Lugo e cal é o meu soldo, que por certo está na web da Deputación, cando todo o mundo sabe cal é o meu traballo e a que me dedico, todo o mundo menos ela, e tamén todo o mundo sabe que traballo, como mínimo, tanto coma ela; sábeo todo o mundo, menos ela”.

Barcia asegura que ese non é debate: “O que pasa é que esta muller non tén argumentos e pensa que decindo o que di me fai dano, e está equivocada: canto máis tire por aí, máis evidente é que non tén respostas ás críticas que lle facemos. O que tén que facer é explicar a súa xestión, e como non hai xestión non explica nada. As festas patronais e a do Bonito, hai que facelas, pero hai que pagalas, ou facelas de outra forma. E pregúntolle directamente, ¿decimos a verdade ou non? ¿Están pagadas esas facturas, si ou non? ¿Cando se van pagar? Ese é o debate, porque a xente que fai cousas para o concello quere cobrar, porque come todos os días e vístese todos os dias; o demais que ela dí son lerias que non lle interesan á xente”.

Tampouco é o debate decir se vamos pouco ou moito ós actos culturais, vamos ós que queremos, como fai Nieves Cando cos actos relixiosos oficiais, nos que antes non aparecía nunca e agora vai só ós das festas patronais e non a todos. Tampouco é o debate decir se hai moita ou pouca xente nos actos. Por certo, nun acto cultural organizado polo concello na Casa da Cultura o outro día había pouco máis de trinta persoas.

O debate é que a día de hoxe segue sen haber os cartos para as axudas dos corenta euros, segue sen facerse o decreto das bases da subvención dos corenta euros, as asociacións culturais seguen sen subvencións e os convenios cos clubes deportivos seguen sen renovarse. Ese é o debate, e non o que pretende ela, que non é outra cousa que lanzar tinta de calamar para emporcallar a todo o mundo, cousa que fai a menudo pero que xa non engana.

Exit mobile version