Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que o concello non fixo nada polo deporte

NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que Nieves Cando minteu cando prometeu escolas deportivas gratuitas.

Barcia e Pedre destacan que os convenios asinados cos clubes non garanten a gratuidade.

Consideran que o bigoberno non fixo nada polo deporte burelés.

O GMPP de Burela, a través dos seus concelleiros José María González Barcia e Luis Miguel Pedre Dìaz, afirmaron hoxe nunha nota de prensa que o Concello de Burela a través de Nieves Cando deu a súa palabra de que as escolas deportivas ían ser totalmente gratuitas para os seus usuarios e se está demostrando que eso non é así. Polo anto, Barcia e Pedre aseguran que Burela perde cos enganos do Bloque e do PSOE.

Os concelleiros populares aseguran que a delegada municipal de Deportes, Nieves Cando, dixo sempre que as escolas deportivas ían ser totalmente gratuitas, as do concello porque as pagaba o concello, e as de fútbol sala, fútbol e baloncesto porque se ían pagar cos convenios que o concello asinaba co Burela Futbol Sala, coa S. D. Burela e co Clube Baloncesto Burela. Barcia e Pedre aseguran que Nieves Cando minteu. E minteu porque nos propios convenios que se asinaron hai algo máis de un ano, que remataron a súa vixencia en Xuño do presente ano, e que ainda están sen renovar, non se fai constar en ningún punto que estas tres escolas deportivas teñan que ser gratuitas para os nenos e nenas que a elas se apunten.

A única responsabilidade é do Concello, porque non é capaz nin de renovar os convenios nin de garantir a gratuidade. Tanto e así, afirman Pedre e Barcia, que algún destes tres clubes, ante o silencio de Nieves Cando para renovar e adecuar os convenios, non tivo máis remedio que poñer unha couta de inscripción e outra trimestral para os rapaces e rapazas usuarios.

Segundo os concelleiros populares, esta é a realidade á que nos tén levado Nieves Cando e a súa equivocada política deportiva, que se basea en promesas que non se cumplen e que busca máis a foto e o autobombo ca a auténtica promoción do deporte de base. Ademais, Barcia e Pedre aseguran que se están pagando algúns favores políticos en vez de atender ás necesidades reais do deporte de base, e lembran que o bigoberno non fixo nada polo deporte en Burela, nin en obras nin en ningún outro apartado.

Finalmente, os populares aseguran que este engano non lle vai sair gratis ó bigoberno municipal e que máis tarde ou máis cedo a cidadanía decatarase da mentira e do engano que nos queren facer tragar.

Exit mobile version