Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE advirte da posible desaparición dos servizos de urxencia dos hospitais de Burela e Monforte

NOTA DE PRENSA

REGO ADVIRTE SOBRE A POSIBLE DESAPARICIÓN DOS SERVICIOS DE URXENCIA DOS HOSPITAIS DE BURELA E MONFORTE

-O deputado socialista rexistrou unha iniciativa no Parlamento na que reclama “luz e taquígrafos”, sobre unha enquisa no Hospital de Burela

-Explica que dende a Xerencia do Hospital da Costa estase a remitir unha enquisa ao persoal facultativo segundo se di atendendo a unha solicitude dos servizos centrais do Sergas,  sobre a proposta de establecer un único servizo de urxencias nos Puntos de Atención Continuada de Burela e Monforte, e que este estivese plenamente integrado co do hospital, establecendo para iso unha única carteleira e idénticas funcións

Santiago , 19 de novembro de 2009.  O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou na Cámara Autonómica unha iniciativa na que amosa a súa preocupación sobre a posible desaparición dos servizos de urxencia dos Hospitais Comarcais de Burela e Monforte. Reclama “luz e taquígrafos”, sobre unha enquisa no Hospital de Burela

O deputado socialista explica na iniciativa rexistrada, que dende a Xerencia do Hospital Comarcal da Costa estase a remitir unha enquisa ao persoal facultativo segundo se di atendendo a unha solicitude dos servizos centrais do Sergas,  sobre a proposta de establecer un único servizo de urxencias nos Puntos de Atención Continuada de Burela e Monforte, e que este estivese plenamente integrado co do hospital, establecendo para iso unha única carteleira e idénticas funcións.

Rego sinala que na misiva remitida  dise que polo de agora só vai dirixida ao persoal facultativo e con carácter meramente informativo, e que esta deberá ser remitida á xerencia para a posterior remisión ao Sergas, para o seu estudio e análise.

O deputado mariñao advirte que dada a sensibilidade que existe nestas zonas sobre un servizo tan prezado como é a atención sanitaria, e ante a incerteza creada coas distintas declaracións dos responsables do Sergas, Rego, interpela á conselleira de Sanidade sobre a supresión dos servizos de urxencias dos hospitais de Burela e Monforte?.

Exit mobile version