Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE ” pide medidas contundentes ante os datos do paro en Cervo”

Nota de Prensa

Os Socialistas de Cervo pide medidas contundentes ante os datos do paro en Cervo

Balseiro e Mato auguraron  que con Feijóo na Xunta o paro reduciríase na  comarca, pero os datos demostran unha realidade ben distinta

O Grupo Municipal Socialista de Cervo analizou os datos de paro rexistrados no Concello de Cervo e na Mariña, que dan coma resultado un aumento considerable, especialmente no municipio Cervense.
As mulleres, as mais afectadas

O colectivo mais prexudicado no noso municipio segundo os datos analizados son as mulleres de entre 25 e 44 anos e as maiores de 45. As cifras son mais contundentes si comparamos o número de contratos realizados no mes de Outubro. Dos  62 contratos rexistrados, só 13 corresponderon a mulleres, é dicir un 20% do total, o que demostra a brecha existente entre as posibilidades de acadar un posto de traballo entre homes e mulleres no noso municipio.
Medidas para Mulleres e familias con todos os membros en paro

O Grupo Municipal Socialista pídelle ao  PP de Cervo, que non mire para outro lado e que reaccione. O equipo de Goberno, como tal, ten acceso a datos concretos e polo tanto é quen mellor pode saber a situación e as necesidades dos nosos veciños e veciñas. Polo tanto demandamos tamén neste senso, a posta en marcha de accións locais destinadas a variar as tendencias. A maiores, pedimos que se teña especialmente en conta ás mulleres con cargas familiares e ás familias que podan ter a todos os seus membros en paro, posto que son estes colectivos os que  están mais expostos a sufrir as consecuencias da crise.
Cervo queda fora dos talleres de emprego postos en marcha por Mato

A pesar de que Cervo é un dos concellos da mariña que mais está  a sufrir as consecuencias do paro, e que a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato anuncio durante a festa do Xubilado en Cervo que o goberno de Feijóo traballaría para mellorar as cifras e cambiar as tendencias, o certo e que hasta agora o único que ofrece a Consellería son boas palabras e ningún feito, e así deixou a Cervo fora dos concellos que optarán a talleres de emprego.

Polo tanto, instamos á Conselleira de Traballo e Benestar a incorporar a Cervo e a todos os concellos da Mariña en circunstancias similares as nosas, ao listado de Concellos que se beneficiarán do programa de talleres na provincia de Lugo.

Exit mobile version