Site icon Crónica3.com A Mariña

Prazos e partidas orzamentarias para Sargadelos e non anuncios virtuais dos cargos do PP, pide o PSOE

Nota de Prensa

O Conxunto Histórico de Sargadelos sofre o mayor abandono da súa historia, e o culpable chámase Alfonso Villares Bermúdez
O GMS pide prazos e partidas orzamentarias para Sargadelos e non anuncios virtuais dos cargos do PP

O Grupo Municipal Socialista quere agradecerlle á multidelegada Raquel Arias a súa visita a Sargadelos, pois desta maneira o alcalde acondicionou, de algunha maneira os xardíns da casa da administración, que levan abandoados polo Concello xunto co resto do conxunto histórico, demasiado tempo. Neste senso, imos pedirlle que veña polo menos unha vez ao mes para que o alcalde faga limpeza de forma regular.

Queremos recordar que no mes de agosto, o delegado de cultura, Rodriguez Andina, solicitou ao concello que se fixera cargo das instalacións do patronato dependentes da Consellería de Cultura, e o alcalde corto e perezoso decidiu pechalas para non contratar persoal nin facer o mantemento.

Así, as instalacións do Patronato, cuxo mantemento corresponde ao Concello de Cervo, presentan un abandono absoluto, sendo especialmente aberrante o estado que presentan os xardíns da Casa da Administración, e que calqueira veciño ou visitante pode ver ao pasar por diante deles, a pesar da limpeza esporádica que se fixo para o recibimento dos cargos do PP.

Por iso, a parte das fotos e os anuncios virtuais, os socialistas pedimos feitos e non estudos, posto que estes, xa están feitos polo anterior goberno da Xunta.

Raquel Arias, mellor canto mais lonxe

Para o GMS, as declaracións de Raquel Arias sobre os seus desexos para Cervo non son de fiar, posto que ata de agora, o único que trouxo a Cervo foi o peche dun centro educativo, cola conseguinte perda de postos de traballo, danos economicos para o núcleo de San Ciprián e danos as familias e aos nenos.

Con estes antecedentes, a parte de vir a visitar o xardín da casa da administración para que o Concello mire del, esta señora, mellor canto mais lonxe.

Exit mobile version