Site icon Crónica3.com A Mariña

28 concellos adheríronse ao plan de suministro eléctrico da Deputación para aforrará cartos

LUGO .- Preto de 30 Concellos lucenses adheríronse xa á iniciativa da Deputación para a contratación conxunta do suministro eléctrico. Concretamente, 28 municipios aprobaron en Pleno unirse a esta medida pioneira en España do organismo provincial, que lles permitirá aforrar cartos e lograr novos ingresos.

Os Concellos que acordaron sumarse ao novo servizo que ofrecerá un prezo máis económico que o actual, e suporá un aforro significativo na factura de cada municipio son: Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Folgoso de Courel, A Fonsagrada, Foz, Guntín, Lourenza, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Ourol, Paradela, O Páramo, Pobra do Brollón, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Trabada, O Valadouro, e O Vicedo.

Os restantes Concellos, agás o de Lugo ao superar os 20.000 habitantes, poderán entregar os acordos plenarios no Pazo de San Marcos, e así sumarse a esta liña de actuación, ata o 17 de novembro. A partir desta data, a Deputación elaborará, de forma urxente, un prego que sacará a concurso a contratación conxunta do suministro eléctrico dos municipios adheridos a este servizo.

Na actualidade, un Concello medio da provincia de Lugo ten un gasto eléctrico anual de 175.000 euros. Os máis grandes superan os 500.000, e os máis pequenos ós 10.000 euros. A iniciativa da Deputación fará que a empresa adxudicataria ofrezca un prezo máis económico ao facerse cargo dun maior número de vatios.

Logo de que o organismo lugués anunciase esta liña de Cooperación cos Concellos, outras administracións intentaron copiar o sistema. É o caso das Deputacións de Pontevedra e A Coruña, así como da Autonomía de Navarra, que xa contactaron coa Área de Asistencia aos Concellos para interesarse polo procedemento a seguir.

Exit mobile version