Site icon Crónica3.com A Mariña

Queixase o PP de que o goberno burelés “votou en contra do que os seus compañeiros no Parlamento apoiaron”

NOTA DE PRENSA DO GMPP DE BURELA

O GMPP reitera que o bigoberno local non apoia ó sector pesqueiro.

Os populares din que o bigoberno burelés votou en contra do que os seus compañeiros no Parlamento apoiaron.

Consideran que o alcalde debe dar explicacións urxentes.

O GMPP de Burela, a través dunha nota de prensa, ratificou que o bigoberno burelés non está pola labor de apoiar as demandas dos mariñeiros e armadores de Burela para que se lles axilicen os pagos das contías que lles correponden polo cese temporal e obrigatorio da actividade pesqueira en determinadas artes e que teñen que ser abonadas polo goberno de Zapatero.

Os populares de Burela lembran que no pleno celebrado a finais de Outubro, PSOE e BNG, encabezados polo alcalde e por Nieves Cando, votaron en contra dunha moción presentada polo PP na que se solicitaba do goberno do Estado a axilización dos pagos das indicadas contías, que en Burela afectaban nun principio a uns corenta barcos e ás súas tripulacións.

Non deixa de ser chocante que a mesma moción sexa apoiada pola unanimidade do Parlamento de Galicia, o que deixa en mui mala posición ó bigoberno burelés. O alcalde debe dar explicacións urxentes do porqué do seu voto contrario a esa iniciativa que agora é apoiada por todos os grupos do Parlamento.

A explicación é sinxela: desde a Alcaldía e desde o bigoberno non hai interesse nin preocupación polos problemas reais do mundo do mar, como o demostra que no pleno de Burela a concelleira do Mar non intervira. Solo se acordan do mar para facerse fotos, pero mui lonxe de buscar alternativas ou tan siquera apoialas para millorar as condicións de vida e laborais do sector, que é pilar fundamental da economía burelesa e comarcal. Resulta denigrante que o alcalde de Burela e o bigoberno lle dean as costas ó sector pesqueiro.

Exit mobile version