Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre os obradoiros de emprego

Os Obradoiros de Emprego son programas públicos de emprego-formación que teñen como finalidade a inserción laboral dos desempregados de vintecinco ou máis anos de idade, mediante a cualificación en alternancia coa práctica profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social.

Promóvenos organismos autónomos e entes públicos da Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma; as entidades locais e os seus organismos autónomos e as fundacións, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro. Están subvencionados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais a través das súas Delegacións Provinciais.

Os requisitos para participar nun obradoiro de emprego como alumno/a traballador/a son entre outros: Ter vintecinco ou máis anos de idade i estar desempregado ou inscrito no Servicio Público de Emprego de Galicia. Hai outra serie de situacións que se valoran positivamente como poden ser parados de longa duración, maiores de corenta e cinco anos, mulleres e persoas con certas discapacidades.

Os/as alumnos/as traballadores/as están vinculados coa entidade promotora por medio dun contrato de traballo e perciben un salario.

A finalidade dos obradoiros de emprego e loable e parece moi interesante. Pero a realidade dista bastante de conseguir os obxectivos para os cales se crean.

Os promotores dos obradoiros teríanse que parar a pensar cantas das persoas que acoden os obradoiros de emprego se reincorporan o mercado laboral e cal e o seu custe real, tendo en conta os gastos do obradoiro e os resultados acadados.

Si fan un estudo serio sobre os resultados dos obradoiros observaran o seguinte:

* A maioría dos alumno acoden por o salario que nos mesmos se ofrece, e o da formación para acceder ao mercado laboral é secundario.
* Algún dos alumnos que accede a determinados oficios non ten intención de continuar a súa vida laboral mais aló da duración do obradoiro. Simplemente acode ao obradoiro coa intención de gañar un salario mais ou menos “fácil”. O que é moi licito, pero que non é o obxectivo que persigue o obradoiro.
* A porcentaxe dos alumnos que se incorpora ao mercado laboral despois de pasar polo obradoiro de emprego é mínimo.
* O Custe do obradoiro para os resultados obtidos pódese considerar moi caro e desproporcionado.

Eu respecto ao dereito de todos de acceder aos obradoiros de emprego, alégrome por eles e deséxolles que lles sexa de moita utilidade.

Tamén respecto ao dereito de todos de acceder ao mercado laboral e de ter un salario digno, como non pode ser de outra maneira e recolle a nosa Constitución.

Pero con todo, eu propoñería modificar algunha cousa no animo de incentivar o acceso o mercado laboral dos parados. Algunha das propostas podería ser:

* Non pagaría ningún salario por acudir aos obradoiros de emprego. De tal forma as persoas que acudisen aos obradoiros faríano polo interese da formación e de acceder ao mercado laboral, e non polo salario que se recibe actualmente. Os estudantes universitarios, alumnos de autoescola, de ciclos formativos, etc, tamén están acadando formación sen recibir salario algún a cambio.
* Trataría de acadar acordos cos empresarios para formar profesionais nos distintos oficios. Os profesionais son os que mellor coñecen o oficio, e ademais a formación faríase no propio entorno e ámbito laboral. Os aprendices de toda a vida, unha das mellores formas de aprender un oficio.
* Incentivaría economicamente as empresas que incorporasen os aprendices unha vez acabado o ciclo formativo.

Seguramente haberá outras medidas tan interesantes ou máis para fomentar emprego e que sería necesario tratar de levar a cabo, dado que o paro e un dos principais problemas do nos pais segundo os propios cidadáns.

O esforzo por crear emprego ten que ser unha prioridade para calquera goberno. É importante a axuda para os desempregados, pero non o é menos crear as condicións precisas para manter ou crear postos de traballo.

Non se trata tanto de dar un peixe, senón de ensinar a pescar.

Exit mobile version