Site icon Crónica3.com A Mariña

Técnicos en cálculo de estructuras farán estudios de dous pilares da Torre dos Moreno, en Ribadeo

RIBADEO (FNC) .- Hoxe quedan ao descuberto as zapatas de dous pilares da Torre dos Moreno na fachada frontal, segundo anuncia o alcalde. Fernando Suárez suliña que técnicos en cálculo de estructuras da empresa Intemarc chegarán o luns a Ribadeo para facer unha serie de inspeccións e medicións de cara a ver o grao de deterioro de ditos pilares e as posibles medidas a adoptar.
O rexedor explicou que “se trata dunha actuación coordinada entre a Consellería de Cultura e o Concello de Ribadeo. Técnicos municipais baixo a supervisión dun arqueólogo de Patrimonio están procedendo a deixar ao descuberto as zapatas de dous pilares da Torre dos Moreno na fachada frontal. Estamos facendo esto porque o vindeiro luns virán técnicos en cálculo de estructuras dunha empresa moi querida aquí en Ribadeo, que é Intemac propiedade de José Calavera, que é unha referencia a nivel internacional sobre cálculo de estructuras e que xa no seu momento aportou unha serie de informes moi relevantes de cando a Torre na década dos 80 daba síntomas de esgotamento. Xa o advertiu hai 20 anos e agora él está prestando colaboración desinteresada, pero moi valiosa, cousa que lle agredecemos enormemente desde Ribadeo”.
Suárez Barcia engadiu que “estamos deixando ao descuberto esas zapatas para que eses técnicos poidan vir a partires do vindeiro luns e facer unha serie de inspeccións, cálculos e medicións para ver o grao de deteriorio que teñen este pilares e así concretar as medidas a adoptar… para que tanto Consellería como Concello sexamos conscientes de a qué nos estamos enfrentando. Todo esto tamén responde a facelo por seguridade pública, queremos saber que temos aí debaixo, cánto vai aguantar e en qué grao de conservación está. E todo esto o facemos coa colaboración inestimable de José Calavera e o seu equipo de enxeñeiros de Intemac”.

Exit mobile version