Site icon Crónica3.com A Mariña

Terra propicia para o cultivo de calabazotes de considerable tamaño en Xove

XOVE .- Na parroquia de San Isidoro do Monte, no Concello de Xove, o veciño de Vilariño, Jesús Rodríguez, coñecido como “O Mestre”, cultivou na súa horta un calabazote que ten 2,5 metros de circunferencia e peso descoñecido, debido a que “non se pode coller ás mans, faría falta algún tipo de grúa ou colgadura para movelo”. Xove parece terra propicia para o cultivo de calabazotes de considerable tamaño, así o pasado mes apareceu un calabazote de uns 100 quilos de peso no terreo de Carlos Cociña Eijo, en Vilalpol.

NOTA DE PRENSA

OUTRO CALABAZOTE XIGANTE NO NOSO CONCELLO
Hai uns dias informábamos da aparición dun calabazote xigante en Vilalpol. Bueno, pois parece que a terra no noso Concello é propicia a este tipo de cultivos, e a naturaza volveu a sorprendernos co cultivo doutro CALABAZOTE XIGANTE por parte do veciño de Vilariño (parroquia de San Isidoro de Monte) Jesús Rodríguez, coñecido como “O Mestre”. O calabazote mide de perímetro nada máis e nada menos que 2 metros e 50 centímetros, sendo o seu peso moi difícil de calcular dado que o calabazote non se pode coller ás mans, faría falta algún tipo de grua ou colgadura para movelo.

Exit mobile version