Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 200 escolares da provincia visitan A Mariña esta semana co programa Km0 da Deputación

LUGO .- Preto de 200 escolares da provincia participan esta semana en Km0. A Mariña, Samos e Lugo, son os destinos elixidos polos participantes das 6 rutas organizadas dentro do programa medioambiental da Deputación

Nota de Prensa

Preto de 200 escolares da provincia participan esta semana en Km0

A Mariña, Samos e Lugo, son os destinos elexidos polos participantes das 6 rutas organizadas dentro do programa medioambiental da Deputación

Preto de 200 escolares da provincia participarán esta semana en Km0. Alumnos dos CEIPs de Meira e Otero Pedrayo de Rábade foron recibidos este martes no Pazo de San Marcos dentro do programa de visitas institucionais e medioambientais que promove o organismo provincial.

O primeiro grupo, formado por 55 estudantes, de 9 a 11 anos, visitaron a oleiría de Bonxe e logo desprazáronse ata Burela, onde percorreron a lonxa, o barco boniteiro e subiron ó alto do Castelo. Pola súa banda, os 55 escolares de Rábade, con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos, tamén estiveron na Mariña, concretamente no Concello de Viveiro. Neste municipio coñeceron tamén a lonxa, o mirador de San Roque e a praia de Covas.

O mércores, 48 alumnos, de 4 a 12 anos, do CEIP Rosalía de Castro visitarán a Produtora da Fundación TIC e a Fervenza. Xa pola tarde, dentro do casco histórico lugués farán un percorrido pola Muralla e visitarán o Centro de Interpretación deste monumento e as termas romanas. Ese mesmo día, 55 membros da Asociación de Veciños “San Pedro” de Cangas de Foz, elexirán como destino o Concello de Samos, onde coñecerán o mosteiro circense, visitarán a igrexa deste municipio e pasearán pola área recreativa do río Oribio.

O xoves, as rutas escollidas polos participantes de Km0 transcorren tamén pola Mariña. 55 integrantes da Asociación de Veciños “Virxe da Saleta” de Castro de Rei coñecerán os eucaliptos de Chavín, o mosteiro de Valdeflores e subirán ó monte de San Roque. O outro grupo, que será recibido no Pazo de San Marcos, está formado por 38 escolares do CPI de Cervantes. En primeiro lugar, visitarán a produtora da Fundación TIC e, logo, desprazaranse ata Viveiro. No municipio mariñano percorrerán a igrexa de Santa María do Campo, os restos da Muralla medieval-romana e a porta de Carlos V. Tamén visitarán a praia de Covas e subirán ó monte de San Roque.

Exit mobile version