Site icon Crónica3.com A Mariña

Detecta o PP que construcións de madeira do Monte Castelo estanse deteriorando

Nota de Prensa

OS populares pídenlle ó concello que “actúe” no Monte Castelo.

Advirten que as construccións de madeira estanse deteriorando.

Lembran que as últimas actuacións de mantemento foron feitas cando gobernaba o PP.

O GMPP burelés pídelle ó concello que “actúe” no Monte Castelo de forma inmediata porque as construccións de madeira da área recreativa estanse a deteriorar a pasos axigantados por ausencia de mantemento.

Esta é a reflexión que fixeron os populares no día de hoxe nunha rolda de prensa que tivo lugar precisamente na área recreativa. Os populares lembraron que as últimas actuacións de mantemento fixéronse na primavera de 2007, co PP no goberno municipal. Desde aquel momento, só se fixeron as habituais actuacións de segado de herba e rozado de maleza.

Para os populares, o edificio do bar, os bancos, as construccións que albergan os servicios hixiénicos, as balaustradas de madeira e os elementos de madeira das zonas de xogos precisan dunha actuación de mantemento urxente. Os populares consideran que de seguir así dentro de dous anos haberá que volver a facer todo de novo, se queremos manter a área recreativa en condicións.

Ademais, o GMPP considera que a pista de acceso ó Monte Castelo estase degrandando rapidamente, porque o mantemento que se fixo no seu día, por parte da Deputación, foi realmente penoso e escaso, con grava e riego asfáltico. Agora estase hai tramos nas que se está a levantar totalmente, e máis que se levantará como veña un inverno duro.

Igualmente, consideran que o concello debería repoñer de inmediato as farolas que se atopan rotas ou fundidas, que son varias, para garantir, alomenos, un mínimo de calidde no entorno da área recreativa.

A área recreativa comenzou a ser unha realidade con Evelio Barcia na presidencia da Comunidade de Montes. E xa en 2001 adquire a fisonomía actual, gracias á Consellería de Medio Ambiente de Manuel Fraga. Os populares son conscientes de que manter en condicións a área recreativa non é tarea doada. Pero lembran que tanto PSOE coma BNG foron mui críticos co mantemento da zona que levaba a cabo o goberno municipal do PP. Pois ben, agora o bipartito municipal debe poñerse mans á obra, porque non é de recibo que digan que van poñer en valor a área recreativa, por dúas cuestións, porque a área recreativa xa tén valor de por sí, e porque decir que se pón en valor abrindo o bar non deixa de ser unha tontería xa que se non hai labores de mantemento.

Precisamente o alcalde dixo na campaña das municipais, e mesmo despois, que se actuaría de inmediato na área recreativa do Monte Casteo, cousa que non se fixo; que se Ian plantar espécies autóctonas, cousa que tampouco se fixo, o que corrobora que o alcalde traballa mui pouco, anuncia moito e non fai nada.

Exit mobile version