Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Sombriza de Cervo reparte agasallos aos nenos dos colexios

CERVO .- Papá Noel adianta agasallos en Cervo a iniciativa da asociación cultural A Sombriza. Como cada ano, este colectivo organiza en colaboración co Concello de Cervo e Talleres Martínez a visita de San Nicolás aos locais sociais do termo municipal, visita que terá lugar mañá, martes 22 de decembro.

Nesta ocasión tamén acudirá ao colexio de Cervo, o situado na capital municipal, onde a partir das 14.45 horas repartirá varios agasallos: unha caixa de lapis de cores para os alumnos de infantil e un bolígrafo xigante, coa cara de Santa Claus para que poidan empregalo para redactar a súa carta aqueles rapaces máis rezagados que aínda non a teñan feito. O claustro de profesores do antigo colexio Galdín, hoxe CEIP nº1 de Cervo, desestimou por maioría o ofrecemento de A Sombriza e organizará pola súa conta a visita de San Nicolás

Será pola tarde, cando o Papá Noel se desprace polos locais sociais do concello no seu tradicional transporte: un vehículo de época de cor vermella cedido aos efectos por Talleres Martínez. A primeira das citas será ás 16:00 horas no Ecomuseo, e despois percorrerá o resto dos locais sociais pasando por San Román, Rúa, Trasbar, Castelo, Gondrás e finalizará en San Ciprián, na Casa da Cultura, arredor das 20.00 horas.

Exit mobile version