Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG convoca unha folga na Sanidade demandando o cumprimento dos acordo

BURELA .- A central sindical CIG-Saúde convoca unha folga para demandarlle á Administración o cumprimento dos acordos asinados. Consideran que o acordo que pretende asinar agora sería un engano aos traballadores e desprestixiaría a sanidade pública.

NOTA DE PRENSA
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

POLO RESPECTO DOS ACORDOS ASINADOS

Desde o 14 de outubro a CIG-SAÚDE ven demandando do SERGAS o cumprimento íntegro dos acordos asinados. A Admón non tiña ningunha intención, dende o principio de chegar a acordos coas organizacións sindicais, só pretendía someternos á súa chantaxe.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

POR COHERENCIA

A CIG-SAÚDE fíxolle chegar á Admón unha proposta de acta que garantizaba o cumprimento dos acordos, o Sergas sen embargo pretendía que asinásemos unha acta de compromiso (matrimonial, civil, relixioso..), que nos convertéramos en NOTARIAS/OS da Admón. O que pretende a Admón que fagamos as organizacións sindicais é:

– Que enganásemos ás/aos traballadoras/es, convencéndoos de que teñen que renunciar ás súas retribucións.

– Que lle garantíramos que esta Admón vai cumprir o seu calendario. Se agora xa non cumpre o publicado no DOG.!

– Que as organizacións sindicais sexamos dóciles, converténdonos na voz da Admón e non nos representantes das/os traballadoras/es.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

POR DIGNIDADE

Porque non podemos consentir que a Admón sanitaria difunda perante a opinión pública unhas mensaxes co único obxectivo de desprestixiar as/os traballadores como preludio das medidas que van tomar na nosa contra.

PARA TE-LO MÁIS CLARO, CONTESTA Á SEGUINTE ENQUISA
Respectar os dereitos das traballadoras/es do SERGAS Marque con X Manter os privilexios, sempre das/os mesmos Marque con X
Que ás traballadoras/es se lles incremente na contía dun euro

(1 €) pon noite realizada.
Que mais de catrocentas persoas (400) perciban o plus de altos cargos, quince mil euros (15.000 €) por un traballo que xa non realizan.
Que ás/aos médicas/os se lles incremente un euro (1 €) por hora de garda. Xornada que realizan a maiores da xornada ordinaria e pola que perciben 22,77 hs Que ás/aos xefes territoriais se lles incremente douscentos euros (200 €) por mes.
Que as traballadoras/es do SERGAS perciban igual salario que o resto das/os traballadoras/es do resto dos servizos sanitarios de outras CCAA. Que se publiquen no DOG as retribucións das/os altos cargos, e as retribucións que perciben en concepto de axudas de custo por acudir a comisións ou Consellos de Admón en xornada ordinaria.

SE A TUA RESPOSTA ESTÁ MÁIS EN CONCORDANCIA CO RESPECTO AOS ACORDOS QUE CO MANTEMENTO DOS PRIVILEXIOS, DEBES DE PARTICIPAR NA FOLGA

Non sexas cómplice na campaña de despretixio que pretenden facer da sanidade pública e das/os seus traballadoras/es.

Exit mobile version