Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aforrará cartos ao 90 por cen dos lucenses coa contratación conxunta do suministro eléctrico

47 Concellos da provincia apostaron pola iniciativa da Deputación de Lugo: contratar o suministro eléctrico de forma conxunta para aforrar cartos. Trátase dunha medida pioneira en España, que foi ben acollida pola Federación Española de Municipios e Provincias, e sobre a que xa se informaron distintas institucións para poñela en marcha noutras provincias.

En Lugo foi un verdadeiro éxito. Todos os municipios que teñen un alto consumo, ben sexa polo alumeado público, ou polas potabilizadoras, aprobaron sumarse a esta iniciativa nos seus respectivos Plenos, e delegaron na Deputación a contratación deste servizo. Deste xeito, o 90% dos veciños da provincia, ao excluir o Concello de Lugo que supera os 20.000 habitantes, verán reducidas as súas facturas.

Dende o organismo pronvicial xa estamos a tramitar a última fase da adxudicación deste servizo, cuxa licitación será de tal magnitude que terá que sair publicada no Diario Oficial da Comunidade Europea para que, no primeiro trimestre do ano, os veciños dos 47 Concellos xa se beneficien do novo sistema de contratación conxunta.

Esta é  unha fórmula de cooperación máis con todos os municipios da provincia. Trátase de producir unha economía de escala para lograr aforros significativos nun ano no que os novos ingresos do Estado van a verse reducidos. Da mesma forma, é unha iniciativa coa que o nos convertiremos no segundo cliente máis importante da provincia se exceptuamos a multinacional Alcoa polo que trataremos que se presenten ao concurso o maior número de empresas posibles, e así lograr a mellor oferta para os veciños de Lugo.

Exit mobile version